José de Espronceda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 32 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q209077
Xoacas (conversa | contribucións)
m Guadalajara>Guadalaxara
Liña 14:
 
== Traxectoria ==
José de Espronceda foi fillo do militar Juan José Camilo de Espronceda y Pimentel, e de María del Carmen Delgado y Lara. Tivo tres irmáns máis, pero morreron novos. Estudou no Colexio de San Mateo de [[Madrid]], onde tivo como profesor a [[Alberto Lista]], ao que seguiu no colexio que fundara. Aos quince anos creou cos seus amigos [[Ventura de la Vega]] e [[Patricio de la Escosura]] unha sociedade secreta á que chamaron ''los Numantinos'' ([[1823]]-[[1825]]), segundo dicían, para vingar a morte de [[Rafael del Riego]]. Denunciado por iso en 1825, foi desterrado a un mosteiro de [[Guadalaxara, España|GuadalajaraGuadalaxara]] durante cinco anos.
 
Posteriormente viaxou por [[Portugal]], [[Bélxica]], [[Países Baixos]], [[Francia]] e [[Inglaterra]] —onde namorou de [[Teresa Mancha]], filla do coronel liberal emigrado Epifanio Mancha— en condición de exiliado liberal. Participou nas vagas revolucionarias de [[1830]] xunto cuns antigos amigos seus. Pouco despois Teresa casou por orde do seu pai co comerciante Guillermo del Amo; porén, atopáronse de novo en [[París]] en [[1833]], regresando xuntos a España xunto con outros liberais, mercede á [[amnistía]] declarada pola morte de [[Fernando VII]] en [[1833]]. En [[1838]] Teresa apartouse de Espronceda e pouco despois morreu.