Fokker 100: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
básico de en.wiki
 
Beninho (conversa | contribucións)
ampío de en.wiki
Liña 18:
 
O '''Fokker 100''' é un avión de pasaxeiros de tamaño medio fabricado por [[Fokker]]. Os seus baixos custes operacionais e a escasa competencia no rango dos 100 asentos e curto alcance levaron a unhas fortes vendas do modelo cando foi introducido a finais dos 80, pero estas disminuíron a medida que a competencia aumentou. A fabricación rematou en [[1997]] con 283 unidades entregadas. En xullo do [[2012]] aínda quedaban 156 Fokker 100 en servizo con 30 aeroliñas de todo o mundo.
 
== Deseño e desenvolvemento ==
O programa Fokker F28 Mk 0100 anunciouse en [[1983]] como un substituto mellorado para o popular [[Fokker F28]]. Comercializado como Fokker 100, o deseño estaba baseado no F28 orixinal pero con [[aviónica]] moderna, motores [[turbofán]] [[Rolls-Royce Tay]] de nova xeración e unha á redeseñada. Porén a diferenza máis destacable foi a fuselaxe máis longa, incrementando o número de pasaxeiros dos 65 do F28 a 107 nunha configuración de clase única. Fokker afirmaba que a nova á era un 30% máis eficiente en cruceiro, mentres que aínda conservaba a simplicidade do borde de ataque fixo. A cabina foi mellorada cun sistema electrónico de instrumentos de voo Rockwell Collins DU-1000. Ao igual que o F28, o Fokker 100 conta cos motores na parte traseira da fuselaxe e unha cola en T, semellante aos avións da familia [[Douglas DC-9]].
 
Fabricáronse dous prototipos. O primeiro, PH-MKH, voou por vez primeira o [[30 de novrmbro]] de [[1986]], e o segundo, PH-MKC, o [[27 de febreiro]] de [[1987]]. O modelo foi certificado en novembro de 1987. As primeiras entregas das versións impulsadas polo TAY620-15 comezaron para [[Swissair]] en febreiro de 1988. [[American Airlines]] (con 75 avións pedidos), TAM Transportes Aéreos Regionais (na actulidade [[TAM Airlines]]) (con 50 unidades) e [[USAir]] (con 40) foron os maiores clientes do Fokker 100 e os seus exemplares foron equeipados co máis potente motor TAY 650-15.
 
[[Categoría:Aeronaves de Fokker]]