Diferenzas entre revisións de «Xardinaxe»

m
lig. homonimo
m (lig. homonimo)
O século XX vén marcado por unha revolución artística en todos os eidos, tamén na xardinaxe, onde xorden innumerábeis estilos.
 
En Galicia a xardinaría formal xurde na [[Idade Moderna]] nos [[pazo]]s cun estilo propio moi influenciado pola [[Xardín inglés|xardinaxe inglesa]]. A xardinaría colle folgos no século XIX co deseño de [[Alameda (Xardinaxe)|alamedas]] co desenvolvemento das grandes cidades coma Vigo e A Coruña, axeitando antigos campos de feiras e [[carballeira]]s en novos parques e xardíns urbanos.
 
Excluíndo os pazos e [[Casa grande|casas grandes]], a xardinaxe popular non colle forma en Galicia até ben entrado o século XX. Anterior a estas datas o ''xardín'' galego só acollía especies útiles e comestíbeis: [[pomar]]es de [[Árbore froiteira|froiteiras]], [[viña]]s, [[souto (botánica)|souto]]s ou [[horta]]s ocupaban o eido arredor da casa. Algún signo ornamental podía atoparse á beira das casas: [[Hortensia (flor)|hortensia]]s, [[margarida]]s, [[roseira]]s, e pouco más.
A xardinaxe particular ou residencial dáse derredor casa, no espazo coñecido coma '''[[eido]]''' . Malia que o xardín soe acharse no terreo á beira da residencia, tamén pode ficar na [[terraza]] ou eirado, nun [[patio]], nun [[balcón]], nunha [[solaina]], nunha [[xardineira]], nun [[corredor]], nun [[invernadoiro]], nun [[vivario]] ou mesmo nun [[parladoiro]] ou na [[soleira]] dunha [[fiestra]].
 
A xardinaxe tamén se dá en zonas verdes non residenciais, coma [[parque]]s, xardíns públicos, [[Xardín botánico|xardíns botánicos]], [[zoolóxico]]s, [[Parque de atraccións|parques de atraccións]], nos [[bulevar]]es e avenidas, nas [[alameda]]salamedas, ou nos xardíns de hoteis, factorías, etc. Os [[xardineiro]]s son os encargados de manter estes terreos.
* '''Xardín de interior''', é o relativo ao cultivo de plantas de interior dentro da vivenda ou nun [[invernadoiro]]. Ás veces comportan [[Aire acondicionado|ar acondicionado]] ou sistemas de calefacción.
* '''Xardín paisaxista''', é o xardín ecolóxico que emprega na plantación especies nativas ou co fin de crear un hábitat axeitado para a vida silvestre. Preténdese crear un xardín en harmonía coa contorna. Este tipo de xardín reduce o consumo de auga para rega, mantemento, custos de fertilización, ademais de incrementar o interés da fauna nativa. Un bo exemplo en Galicia serían as [[carballeira]]s.
738

edicións