Diferenzas entre revisións de «Mosteiro de San Xoán de Caaveiro»

m (Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q3327219)
Comezou pertencendo á Orde de San Bieito, pero no [[século XII]] converteríase en Colexiata de cóengos regulares de [[Agostiño de Hipona|Santo Agostiño]]. Entre o ano [[1220]] e o [[1259]] prodúcese a máxima expansión do seu dominio, nela estivo á fronte do mosteiro o prior Don Martiño Rodríguez, quen logrou a ampliación do couto até a ponte de [[Pontedeume]], incluíndo as parroquias de [[Cabanas]] e [[Irís, Cabanas|Irís]].
 
Durante a [[Alta Idade Media]] co auxe da [[casa dos Andrade]] perdeu moito poder económico, que recuperou en tempos dos [[Reis Católicos]]. A súa xurisdición abranguía as parroquias de [[Caaveiro, A Capela|Caaveiro]], [[A Capela, A Capela|A Capela]] e [[Cabalar, A Capela|Cabalar]] (concello da Capela), [[Santa Cruz do Salto, Cabanas|Santa Cruz do Salto]], [[Cabanas, Cabanas|Cabanas]], [[Soaserra, Cabanas|Soaserra]] e [[Irís, Cabanas|Irís]] (concello de [[Cabanas]]), [[San Pedro de Eume, As Pontes de García Rodríguez|San Pedro de Eume]], [[A Faeira, As Pontes de García Rodríguez|A Faeira]], [[Bermui, As Pontes de García Rodríguez|Bermui]], [[Goente, As Pontes de García Rodríguez|Goente]] e [[Ribadeume, As Pontes de García Rodríguez|Ribadeume]] ([[As Pontes de García Rodríguez]]), San Xoán do Seixo, [[Queixeiro, Monfero|Queixeiro]], [[Taboada, Monfero|Taboada]], e parte da de [[Vilachá, Monfero|Vilachá]] (estas tres coñecidas como Couto Pequeno, no concello de Monfero) e o couto de [[Belelle, Sillobre, Fene|Belelle]] ([[Sillobre, Fene|Sillobre]], concello de [[Fene]]).
Durante a [[Alta Idade Media]] co auxe da [[casa dos Andrade]] perdeu moito poder económico, que recuperou en tempos dos [[Reis Católicos]].
 
Coa desamortización, todas as posesións da comunidade foron vendidas polo Estado a particulares, as reliquias de San Rosendo foron trasladadas a Santiago, e algúns dos obxectos relixiosos, como as imaxes ou as campás da igrexa, foron distribuídas entre as igrexas das Neves e Soaserra.