Diferenzas entre revisións de «Contrato»

m
m (lig. homonimos)
* '''Elementos esenciais''': son aqueles sen os cales o contrato non ten valor, ou dexenera noutro diferente. Estes son: a [[capacidade xurídica|capacidade]], o [[consentimento]], o [[obxecto xurídico|obxecto]] e a [[causa xurídica|causa]]. Nalgúns ordenamentos xurídicos e para algúns contratos pode esixirse como validez tamén a [[forma]].
** '''Capacidade''': subdivídese en ''capacidade de goce'' (a aptitude xurídica para ser titular de [[dereito subxectivo|dereitos subxectivos]]) e ''capacidade de exercicio'' (aptitude xurídica para exercer dereitos e contraer obrigacións sen [[representación xurídica|representación]] de terceiros).
** '''Consentimento''': o consentimento maniféstase pola concorrencia da [[oferta]] e da [[aceptación]] sobre a cousa e a causa que han constituír o contrato. Será nulo o consentimento prestado por [[erro xurídico|erro]], violencia, intimidación ou [[Dolo (lexislaciónDereito)|dolo]].
** '''Obxecto''': poden ser obxecto de contratos todas as [[cousa]]s que non están fóra do [[comercio]] humano, aínda as futuras. Poden ser igualmente obxecto de contrato todos os [[servizo]]s que non sexan contrarios ás [[lei]]s ou aos [[bos costumes]].
** '''Causa''': nos contratos onerosos (como a [[compravenda]]), enténdese por causa, para cada parte contratante, a entrega ou promesa dunha cousa ou servizo pola outra parte; nos de pura beneficencia (ex. o de [[contrato de doazón|doazón]]), a mera liberalidade do benfeitor.
738

edicións