Calendario gregoriano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ordeno
Liña 7:
=== A comisión de expertos===
Gregorio XIII, constitúe a ''Comisión do Calendario'', na que destacan [[Christopher Clavius|Cristóbal Clavio]]<ref>En homenaxe a Clavius, un dos [[cráter (impacto)|cráteres]] da [[Lúa]] leva o seu nome.</ref>e [[Luis Lilio]]. Clavio, astrónomo e [[xesuíta]], o "''[[Euclides]] do seu tempo''", era un reputado matemático e astrónomo. O mesmo [[Galileo Galilei]] o chamou como aval científico das súas observacións telescópicas. En cuanto a Lilio, médico e astrónomo, sabemos que foi o principal autor da reforma do calendario. Morre en [[1576]] sen ver rematado o proceso. Finalmente, unha personaxe máis nesta historia: [[Alfonso X o Sabio]]: o valor dado ao ano trópico nas [[Táboas alfonsíes]] de 365 días 5 horas 49 minutos e 16 segundos é o tomado como correcto pola Comisión do Calendario. [[Pedro Chacón]], matemático español, redacta o ''Compendium'' co ditame de Lilio, apoiado por Clavio, y se chega ao [[14 de setembro]] de [[1580]] cando se aproba a reforma, para levala á práctica en outubro de [[1582]].
 
=== O axustamento gregoriano ===
A diferenza principal entre o calendario gregoriano e o seu precedente, o calendario xuliano, está na distribución dos anos bisestos .
 
Como xa se dixo, o ano tropical medio, é dicir, o período de translación da Terra ó redor do Sol, dura 365,2422 días. Engadindo un día bisesto cada catro anos, o calendario xuliano atribuía ó ano unha duración media de 365,25 días. Isto inducía un desprazamento duns 8 días por milenio con respecto ó tempo real, facendo que por exemplo a festa de [[Pascua cristiá|Pascua]], determinada polo [[equinoccio]] de [[primavera]], caese alá por febreiro.
 
Foi preciso entón suprimir os anos bisestos para os anos que son múltiplos de 100 sen ser múltiplos de 400. Así 1600 e 2000 son bisestos, pero non 1700, 1800 nin 1900.
 
Aplicando esta regra chegamos a un ano de 365,2425 días no canto dos 365,2424 días en exceso de tres días cada 10.000 anos. Foi proposta unha emenda na regra para consideraren os anos múltiplos de 4.000 como normais. Pero do feito do acurtamento do ano tropical avaliado en 0,5 s por século e do alongamento do día de 1,64 milisegundos por século, é ilusorio chegar a este nivel de precisión, as incertezas sobre a duración do ano cada 10.000 anos está na mesma orde de diferenza.
 
== Estrutura do calendario ==
Liña 51 ⟶ 60:
* Un ano bisesto ten 366 días =8.784 horas= 527.040 minutos = 31.622.400 segundos.<br />
* A era normalmente usada co calendario gregoriano é a era cristiá, é dicir, "antes / despois de Cristo", segundo os cálculos de [[Dionisio o Exiguo]]. Cómpre salientar que non hai un ano "cero"; os [[século]]s e [[milenio]]s comezan co ano "un". Así que, o [[século XXI]] e o [[terceiro milenio]] comezan [[1 de xaneiro]] do ano 1 do terceiro milenio, [[2001]].
 
=== O axustamento gregoriano ===
A diferenza principal entre o calendario gregoriano e o seu precedente, o calendario xuliano, está na distribución dos anos bisestos .
 
Como xa se dixo, o ano tropical medio, é dicir, o período de translación da Terra ó redor do Sol, dura 365,2422 días. Engadindo un día bisesto cada catro anos, o calendario xuliano atribuía ó ano unha duración media de 365,25 días. Isto inducía un desprazamento duns 8 días por milenio con respecto ó tempo real, facendo que por exemplo a festa de [[Pascua cristiá|Pascua]], determinada polo [[equinoccio]] de [[primavera]], caese alá por febreiro.
 
Foi preciso entón suprimir os anos bisestos para os anos que son múltiplos de 100 sen ser múltiplos de 400. Así 1600 e 2000 son bisestos, pero non 1700, 1800 nin 1900.
 
Aplicando esta regra chegamos a un ano de 365,2425 días no canto dos 365,2424 días en exceso de tres días cada 10.000 anos. Foi proposta unha emenda na regra para consideraren os anos múltiplos de 4.000 como normais. Pero do feito do acurtamento do ano tropical avaliado en 0,5 s por século e do alongamento do día de 1,64 milisegundos por século, é ilusorio chegar a este nivel de precisión, as incertezas sobre a duración do ano cada 10.000 anos está na mesma orde de diferenza.
 
== Adopción dun novo calendario ==
En [[1582]], o papa [[Gregorio XIII, papa|Gregorio XIII]] decidiu mediante a bula ''Inter gravissimas'' que o [[xoves]] [[4 de outubro]] de [[1582]] sería inmediatamente seguido polo [[venres]] [[15 de outubro]] para compensar o desfase acumulado dende o ano 45 d. C. (Anécdota: Pola supresión de dez días, [[Teresa de Ávila|santa Teresa de Ávila]] morreu na noite do 4 ó e foi enterrada ao día seguinte, o 15 de outubro de [[1582]]).
 
A idea era loitar contra a deriva da data de Pascua (o domingo seguinte á primeira lúa do equinoccio de primavera) que se desprazaba polos meses de verán.
 
É necesario salientar que o paso ó calendario gregoriano non foi adoptado en toda Europa ó mesmo tempo. Foi imposto por Gregorio XIII nos estados onde era soberano pontífice. [[España]], [[Portugal]] e [[Polonia]] adoptárono inmediatamente. Outros, coma [[Francia]], seguírono rapidamente. Pero [[Inglaterra]] (protestante) non adoptará o calendario gregoriano ata [[1752]].