Estado falido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
arranxiño no cabezallo
Liña 1:
A expresión '''[[Estado]] marrado''' é un termo polémico, que cualifica un [[estado]] débil, onde o goberno central ten pouco control práctico sobre o seu territorio.
 
== Definición ==
O termo é moi ambiguo e impreciso: se tomamostomando de forma literal a definición, un estado marrado sería aquel onde non existe un goberno efectivo, ao contrario dun goberno [[ditadura|ditatorial]] que posúe todo o poder.
 
Con isto quérese dicir que un país "ten éxito" se mantén un [[monopolio]] no uso lexítimo da forza física dentro das súas fronteiras. Cando este está crebado (exemplo, pola presenza dominante de señores da guerra, de milicias, ou do terrorismo), a mesma existencia do estado chega a ser dubidosa, e o estado convértese nun estado que non chegou a ser ou Estado marrado. A dificultade de determinar se un goberno mantén "un monopolio no uso lexítimo dos medios da forza" (que inclúe os problemas da definición de "lexítimo") leva a que non sexa claro cando un estado se pode determinar marrado.
Liña 8:
A controversia deriva das implicacións políticas e militares de etiquetar un país como "marrado". As decisións e as leis do seu goberno poden non tomarse en conta, e nalgúns casos a acción violenta pódena emprender dentro das fronteiras do "estado marrado" axentes doutros países; tal acción ten naturalmente unha legalidade altamente dubidosa.
 
En anos recentes varios analistas políticos cualificaron moitos países como estados marrados, incluíndo [[Afganistán]], [[Haití]], [[Somalia]], [[Iemen]], [[Timor Leste - Timor Lorosa'e|Timor Leste]] ou as [[Illas Salomón]].
 
O termo tamén se utiliza no senso dun estado que se fixo ineficaz (é dicir, ten control nominal militar e policial sobre o territorio, pero só no que respecta a que non existen grupos armados desafiando directamente a autoridade do estado; en resumo: a visión: "que non haxa noticias, é unha boa noticia"); porén non pode facer cumprir as leis uniformemente debido ás altas taxas de criminalidade, corrupción extrema, extenso mercado informal, [[burocracia]] impenetrable, ineficacia xudicial, interferencia militar na política... Tamén estarían neste grupo as situacións culturais onde os líderes tradicionais gastan máis enerxía có estado sobre certas áreas de goberno aínda que non compitan co estado. [[Camerún]], [[Liberia]], [[Nixeria]] e [[Papúa Nova Guinea]] menciónanse a miúdo nesta categoría.