Triumph des Willens: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Lig. homónimo
Liña 26:
'''''Triumph des Willens''''' é un filme propagandista [[Alemaña nazi|nazi]] dirixido por [[Leni Riefenstahl]] que foi estreado en [[1935]]. É unha crónica dos [[Congresos de Núremberg]] de 1934, ós cales asistiron máis de 700.000 partidarios nazis.<ref>{{Cita libro | last = Barsam | first = Richard M | title = Filmguide to Triumph of the Will | publisher = Indiana University Press | year = 1975 | location = Bloomington, IN | pages = 21 | url = | doi = | id = | isbn = }}</ref> O filme contén extractos de discursos dados por varios líderes nazis nos congresos, incluíndo os de [[Adolf Hitler]], [[Rudolf Hess]] e [[Julius Streicher]], intercalados con imaxes das numerosas tropas da [[Sturmabteilung]] e da [[Schutzstaffel]]. Hitler participou activamente no filme e consta que foi o produtor executivo non oficial; o seu nome aparece nos títulos do comezo. O tema principal do filme é a volta de [[Alemaña nazi|Alemaña]] como [[potencia mundial]], con Hitler como o gran líder que traerá a gloria á nación. Foi realizado despois da [[Noite dos coitelos longos]] polo cal non aparecen prominentes membros das [[Sturmabteilung|SA]], que foron eliminados en 1934. O filme anterior a este, ''[[Der Sieg des Glaubens]]'' amosa Hitler e a [[Ernst Rohm]] xuntos no congreso do partido de 1933, pero tódalas copias foron destruídas despois da súa morte para non deixar en evidencia a Hitler. Porén, unha única copia sobreviviu no [[Reino Unido]], e pode ser vista en [[Internet Archive]].
 
''Triumph des Willens'' foi estreada en 1935, e é un claro exemplo do uso da [[propaganda]] na [[historia do cine]]. As técnicas de Riefenstahl, como o movemento das cámaras, o uso de lentes de foco longo para crear distorsións da [[Perspectiva (visión)|perspectiva]], a fotografía aérea e o uso revolucionario da música no cine, valéronlle a ''Triumph of the Will'' o recoñecemento como un dos grandes filmes da historia. Riefenstahl gañou numerosos premios, non só en Alemaña, senón tamén nos [[Estados Unidos]], [[Francia]], [[Suecia]] e outros países. Foi moi popular no [[Terceiro Reich]], e tivo gran influencia noutros filmes, documentais e anuncios publicitarios.<ref>{{cita novas | first=David B. | last=Hinton | title=Triumph of the Will: Document or Artifice? | journal=Cinema Journal | volume=15 | issue=1 | pages=48–57 | year=1975 | publisher=University of Texas Press | doi= | url=http://www.jstor.org/stable/1225104}}</ref> Malia isto, a súa exhibición está prohibida en Alemaña debido ó seu evidente apoio ó [[nazismo]] e as numerosos [[esvástica]]s que aparecen.
 
A serie cinematográfica de [[Frank Capra]] ''[[Why We Fight]]'' dise que foi directamente inspirada como unha resposta estadounidense a ''Triumph des Willens''.