Entre todos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m ligazons, engado punto de vista crítico
Liña 25:
 
== Historia ==
Ao comezo do mes de [[xullo]] de [[2013]], varios portais de [[Internet]] anunciaron a fichaxe de [[Toñi Moreno]] por parte de [[Televisión Española]]. Así, sóubose que a ata entón presentadora de [[Canal Sur Televisión|Canal Sur]], estrearía un programa de solidariedade e participación cidadá igual que ''Tiene arreglo'', o formato que viña presentando na cadea autonómica andaluza.<ref>[http://www.formulatv.com/noticias/31844/tras-exito-canal-sur-tve-ficha-toni-moreno-programa-solidaridad-ciudadana/ Tralo seu éxito en Canal Sur, TVE ficha a Toñi Moreno para un programa de solidariedade cidadá]{{es}}</ref> Tras varias semanas de preparativos e presentacións do programa, foi desvelado que este se estrearía o [[26 de agosto]] de [[2013]] de 16:15 a 18:30 horas.<ref>[http://www.formulatv.com/noticias/32598/estreno-entre-todos-llega-la1-proximo-26-agosto/ A estrea de 'Entre todos' chega a La 1 o próximo luns 26 de agosto]{{es}}</ref>
 
== Formato ==
''Entre todos'' é un espazo con vocación de servizo público no que os invitados que se atopen nunha situación crítica, recibirán a chamada en directo de persoas que se envorcarán para resolver o seu problema máis urxente. Separadamente disto, o formato encárgase de axudar aos [[emprendimento|emprendedores]] a atopar socios para levar adiante o seu proxecto empresarial.
 
En ''Entre todos'' tamén se mostran semanalmente e, a través de caras coñecidas, todas as formas que existen para realizar unha acción de [[voluntariado]]. Ademais, o programa fomenta, por medio dos seus reporteiros, cadeas de favores que facilitan que as persoas axúdense entre si. É dicir, unha persoa axudará a outra, coa condición de que esta persoa continúe a cadea axudando á súa vez a outra. En definitiva, o principal obxectivo do programa é fomentar a solidariedade.
 
O xoves 30 de setembro de 2013, o programa marca récord de espectadores con 1.153.000 e de [[cota de pantalla|share]] cun 10,7%.<ref>[http://www.formulatv.com/noticias/32477/entre-todos-nuevo-programa-solidario-tve-presentado-toni-moreno/ TVE estrea esta próxima tempada 'Entre todos', o novo programa solidario de Toñi Moreno]{{es}}</ref> A pesares do seu éxito, o programa tamén foi criticado por asociacións de [[Traballo social|traballadores sociais]], argumentando que vulnera a dignidade das persoas necesidades e emprega ilicitamente a [[Adulto#Maior.C3.ADa_de_idade|menores de idade]] para provocar mágoa <ref>[http://cultura.elpais.com/cultura/2013/10/04/television/1380909950_627855.html Los profesionales de los servicios sociales cargan contra ‘Entre todos’] {{es}}</ref>
 
== Notas ==