Francisco Porto Rey: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 4:
Comezou os estudos de dereito, pero deixounos para dedicarse principalmente á literatura e ao xornalismo, ademais do seu traballo principal que consistia na chefatura dos talleres da [https://gl.wikipedia.org/wiki/Rede_ferroviaria_espa%C3%B1ola compañía dos camiños de ferro de Galicia] en Vilagarcia. Colaborou en ''[[El Ciclón]]'', ''[[El Cínife]]'', ''[[Faro de Vigo]]'', ''Galicia'' e ''Villagarcía-Carril'', e en ''[[El Eco de Galicia (Bos Aires)|El Eco de Galicia]]'' e no diario [[La Nación|''La Nación'']] ''' '''de Bos Aires onde publicou unha serie de “Cróneca(s)” de actualidade e algunhas narracións. Na súa faceta como escritor adoitaba asinar as obras como '''Farruco Porto Rey'''. É de suliñar a sua colaboura con [https://gl.wikipedia.org/wiki/Alfonso_Daniel_Rodr%C3%ADguez_Castelao Alfonso Daniel Rodríguez Castelao] en diversas publicacións nas que o político nacionalista de Rianxo adoitava participar aportando as suas ilustracións.
 
==Literatura e xornalismo==
Publicou varias obras bilingües e o ''Dicionario gallego-castellano'', que apareceu en fascículos no semanario ''Villagarcía-Carril'' ata o 17 de xuño de [[1900]] (foi reeditado pola [[Real Academia Galega]] en 2000). É un dicionario bilingüe coas entradas en galego –só recolle como lemas as formas galegas distintas do castelán– e as definicións e equivalencias en castelán. Conta con preto de 15.000 entradas e nel refúndese o material dos traballos lexicográficos precedentes. A principal fonte de referencia é o ''[[Diccionario gallego]]'' de [[Cuveiro Piñol]]. Como novidade, proporciona a categoría gramatical dos lemas, e inclúe outros datos como a procedencia ou o étimo da palabra e a delimitación do campo do saber ao que pertence. A maior parte deste dicionario consérvase en folios manuscritos, aínda que moitos deles non presentan unha redacción definitiva. Foi académico correspondente da Real Academia Galega (1908).
 
==Nacionalismo galego==
Tivo relación coas [[Irmandades da Fala]], o [[Partido Galeguista (histórico)|''Partido Galeguista'']] e as [[Xuventudes de Defensa|''Xuventudes de Defensa'']]. Tivo dezasete fillos, entre eles Xoaquín, que foi secretario do concello de Vilagarcía, e Manuel Porto Casas, apresado tralo [[Alzamento Nacional]] pola súa militancia nacionalista.
 
==Emprendimento cultural==
Ademais exerceu como emprendedor cultural animando e participando na criación de diversas publicacións periódicas en Vilagarcía así como do teatro'' Salón Varietés, ''uunhaunha sala de cinema con aforo para 500 espectadores que se inaugurou o 14 de agosto de 1908.
 
==Obras==