Francisco Porto Rey: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
introdución
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Comezou os estudos de dereito, pero deixounos para dedicarse principalmente á literatura e ao xornalismo. Colaborou en ''[[El Ciclón]]'', ''[[El Cínife]]'', ''[[Faro de Vigo]]'', ''Galicia'' e ''Villagarcía-Carril'', e en ''[[El Eco de Galicia (Bos Aires)|El Eco de Galicia]]'' e no diario '''La Nación '''de Bos Aires onde publicou unha serie de “Cróneca(s)” de actualidade e algunhas narracións. Na súa faceta como escritor adoitaba asinar as obras como '''Farruco Porto Rey'''.
 
Publicou varias obras bilingües e o ''Dicionario gallego-castellano'', que apareceu en fascículos no semanario ''Villagarcía-Carril'' ata o 17 de xuño de [[1900]] (foi reeditado pola [[Real Academia Galega]] en 2000). É un dicionario bilingüe coas entradas en galego –só recolle como lemas as formas galegas distintas do castelán– e as definicións e equivalencias en castelán. Conta con preto de 15.000 entradas e nel refúndese o material dos traballos lexicográficos precedentes. A principal fonte de referencia é o ''[[Diccionario gallego]]'' de [[Cuveiro Piñol]]. Como novidade, proporciona a categoría gramatical dos lemas, e inclúe outros datos como a procedencia ou o étimo da palabra e a delimitación do campo do saber ao que pertence. A maior parte deste dicionario consérvase en folios manuscritos, aínda que moitos deles non presentan unha redacción definitiva. Foi académico correspondente da Real Academia Galega (1908).
 
Tivo relación coas [[Irmandades da Fala]], o [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]] e as [[Xuventudes de Defensa]]. Tivo dousdezasete fillos, entre os que destacan: Xoaquín, que foi secretario do concello de Vilagarcía, e Manuel Porto Casas, apresado tralo [[Alzamento Nacional]] pola sua militancia nacionalista galega.
 
==Obras==