Diferenzas entre revisións de «Overclocking»

m
correcións
(arranxiños)
m (correcións)
O '''''overclocking''''' (antigamente coñecido como 'undertiming') é unha práctica que pretende alcanzar unha maior [[velocidade de reloxo]] para un compoñente electrónico (por enriba das especificacións do fabricante).<ref>[http://www.helpoverclocking.com/spanish/que_es.htm Definición de Overclocking]</ref> A idea é conseguir un rendemento máis alto gratuitamente, ou superar as cotas actuais de rendemento, aínda que isto poida supoñer unha perda de estabilidade ou acurtar a vida útil do compoñente. Overclock' é un [[anglicismo]] de uso habitual en [[informática]] que literalmente significa 'sobre o reloxo' ' é dicir, aumentar a [[frecuencia de reloxo]] da [[unidade central de procesamento]].
 
Esta práctica está moi estendida entre os usuarios de informática máis esixentes, que tratan de levar ao máximo o rendemento das súas máquinas. Algúns usuarios adoitan comprar compoñentes informáticos de baixo custo, forzándoos posteriormente e alcanzando así o rendemento esperado dos compoñentes de gama máis alta. Por outro lado, os consumidores máis fanáticos poden chegar a adquirir compoñentes de última fornada para forzar o seu funcionamento, e conseguir así probas de rendemento inalcanzables para calquera equipo de consumo. Por este motivo, a maioría dos fabricantes decide non incluír na garantía do seu [[hardware]] os danos producidos por facerlles 'overclocking'.
 
Hoxe en día os fabricantes de hardware venden algúns dos seus produtos desbloqueados para permitir aos usuarios realizar 'overclock' sobre os mesmos;<ref>[http://www.nvidia.com/docs/CP/45121/nforce_680i_sli_overclocking.pdf Guía de Overclocking presentada por [[nVidia]]]</ref > é o caso de, por exemplo, [[Unidade de procesamento gráfico|GPU]], CPU, etc.
 
== Desvantaxes ==
738

edicións