Eduardo Mendoza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 3063424 de Estevoaei (conversa)
Elisardojm (conversa | contribucións)
*rasgos>trazos
Liña 7:
 
===Literatura===
Deuse a coñecer no 1975 coa novela ''La verdad sobre el caso Savolta'', [[censura]]da inicialmente polo [[franquismo]]. A obra recibiu un aplauso unánime da crítica. Recolle as lembranzas de Javier Miranda, espectador das tensións sociais que acontecen na Barcelona dos anos [[1917]] a [[1919]]. Eduardo Mendoza combina as peripecias individuais e os acontecementos colectivos, con certos rasgostrazos de novela histórica. Mais, por embaixo dos sucesos, percíbese unha reflexión sobre o lugar e as actitudes do home no mundo que o arrodea, situándose tal reflexión tanto nun plano social e político, coma nun plano existencial. Todo isto cunha notable variedade de técnicas estruturais e estilísticas.
 
Adéntrase na [[novela negra]] con toques humorísticos coas súas dúas seguintes obras, ''El misterio de la cripta embrujada'' ([[1979]]) e ''El laberinto de las aceitunas'' ([[1982]]), para logo escribir a que moitos consideran a súa obra mestra: ''La ciudad de los prodigios'' (1986). Narra a chegada á Barcelona de [[1887]] dun campesiño arruinado, Onofre Bouvila, que atopa traballo como repartidor de propaganda [[anarquismo|anarquista]] entre os obreiros que traballan na [[Exposición Universal]] do ano seguinte.