Lista de gañadores dos Premios Ig Nobel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 50:
* '''Literatura''' - L. Ron Hubbard, apaixonado autor de [[ciencia ficción]] e pai fundador da [[Ciencioloxía]], polo seu libro [[Dianética]], que é altamente beneficioso para a humanidade, ou para unha parte dela.
* '''Matemáticas''' - [[Igrexa Baptista]] do Sur de [[Alabama]], medidores matemáticos da moralidade, polas súas estimacións, condado por condado, de cantos cidadáns de Alabama irán ó [[inferno]] se non se arrepinten.
* '''Medicina''' - Dous premios. O primeiro para o paciente X, antigo membro do corpo de [[Corpo de Marines dos Estados Unidos|Marines]] de [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], valente vítima da picadura velenosa dunha [[serpe de cascabel]], polo seu decidido uso de terapia de [[electroshock]]. Pola súa insistencia conectaron ós seus beizos os cables de acendido das buxías dun automóbil que foi posto a 3.000 revolucións por minuto durante 5 minutos. O segundo a Dr. Richard C. Dart do ''Rocky Mountain Poison Center'' e a Dr. Richard A. Gustafson do ''The University of Arizona Health Sciences Center'', polo seu ben fundamentado informe "Fallo da terapia de electroshock como tratamento para o envelenamento da serpe de cascabel".
* '''Paz''' - John Hagelin da ''Maharishi University'' e ''The Institute of Science, Technology and Public Policy'', pola súa conclusión experimental de que 4.000 meditadores adestrados provocaron un descenso dun 18 por cento de crimes violentos en [[Washington, D.C.]]
* '''Psicoloxía''' - Lee Kuan Yew, antigo primeiro ministro de [[Singapur]], por estudar durante 30 anos o efecto de castigar a tres millóns de cidadáns de Singapur cada vez de cuspían, mascaban chicle ou daban de comer ás pombas.