Futbolín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 6:
[[Alexandre de Fisterra]] foi ferido durante un dos bombardeos de [[Madrid]] durante a [[Guerra civil española]]. No hospital no que ficou, en [[Monserrat]], internado coñeceu moitos nenos feridos coma el, incapaces de poder xogar ao [[fútbol]], e foi daquela cando pensou na idea inspirándose no [[tenis de mesa]]. Alexandre confioulle ao seu amigo [[Francisco Xavier Altuna]], un [[carpinteiro]] [[Comunidade Autónoma Vasca - Euskal Autonomia Erkidegoa|vasco]], a fabricación do primeiro futbolín seguindo as súas instrucións. Aínda que a invención foi patentada en [[1937]], Alexandre tivo que se exiliar a [[Francia]] por mor do triunfo franquista na guerra, perdendo os papeis da patente no decurso dunha treboada. Despois de se exiliar en [[América do Sur]], introduciu algúns trocos, coma as barras de aceiro, e espallou o xogo polo [[continente]].
[[Ficheiro:Baby foot artlibre jnl.jpg|dereita|miniatura|Mesa de estilo Bonzini.]]
O xogo expandiuseespallouse decontado por [[Europa]]. Tanto é así, que na década dos 60, cando Alexandre de Fisterra volveu á península, o xogo estendérase amplamente, malia que gran parte desta divulgación se debera ao feito de que os fabricantes [[Comunidade Valenciana - Comunitat Valenciana|valenciáns]] asumiran o xogo coma nacional.
Non obstante, esta versión sobre o inventor do futbolín é discutida polos [[Alemaña|alemáns]], que garanten que o xogo foi creado por [[Broto Wachter]], que xa comercializara un futbolín en [[1930]]. A diferenza é que todos os obxectos eran de madeira, incluídas as barras, e os "xogadores" non tiñan forma de bonecos, sendo pequenos triángulos.