Crismón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: == Crismón == O '''crismón''' é a representación do lábaro, coñecido coma cruz de Constantino. É o monograma das duas primeiras letras da verba Cristo en grego, e ...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 27 de febreiro de 2007 ás 12:24

Crismón

O crismón é a representación do lábaro, coñecido coma cruz de Constantino. É o monograma das duas primeiras letras da verba Cristo en grego, e pendurando a alfa en maiúscula e a omega en minúscula, que representan o principio e o fin de todo. Posteriormente, a representación do monograma se lle engadiu unha S na epoca románica na mitade baixa do arbol vertical, na que se quere representar o Espiritu Santo, e todo elo pechado nun circulo.

A este circulo se lle han dado moitas explicacions. Dende o seu orixe celta, e a sua rodela celta, xa que moitas ocasions a representación do crismón leva motivos florais coma facian os celtas nas suas rodelas, deica orixes paganos é cultos solares.

Pero o que o crismón representa na sua explicación mais pausible é o triunfo do cristianismo sobor do orbe, o triunfo do redentor sobre o paganismo imperante, sendo o circulo no que está inscrito o reforzo do caracter triunfal do monógrama simbólico.

Estos simbolismos eran moi comúns nos primeiros intres do cristianismo, xa que só eran coñecidos por eles é o que representaban, coma o Agnus Dei, o Cordeiro de Deus, asi coma os peixes, moitos anos antes de que a cruz fose o simbolo esencial do cristianismo. Hai que entendelo no clima de persecucions que vivian, xa que eran utilizados nos sartegos e catacumbas dos primitivos cristianos.

A sua expansión representativa máxima acadouna no Rómanico, xa que está representado nos timpanos das portadas das eirexas do camiño de Santiago, polo que é bastante numeroso en Navarra e Aragón. É curioso o crismón da Catedral de Santiago, onde as letras alfa e Omega están trocadas de sitio, intercambiandoo, e parece querer representar o fin da peregrinaxe é o principio de todo. No Codex Catixtinus tamén aparece no Libro I Fólio II un pequeno crismón con estas verbas quod est IHS XPS, na que IHS siñifica Iesus Hominun Salvator, verbas é representación que pouco a pouco iban a desplazar a do crismón.