Francisco Millán Mon: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Nados en 1955 mediante HotCat
ligs
Liña 1:
'''Francisco José Millán Mon''', nado en [[Pontevedra]] o [[8 de marzo]] de [[1955]], é un dipomático e político [[Galicia|galego]] do [[Partido Popular]].
 
==Traxectoria==
Liña 6:
Ingresou na carreira diplomática en [[1980]] e en [[1984]] marcha traballar á [[embaixada]] de España na [[República Federal Alemá]], que daquela estaba en [[Bonn]]. Despois regresou ao [[Ministerio de Asuntos Exteriores de España|ministerio de Exteriores]] onde traballou entre outros postos na asesoría xurídica co ministerio e como director do gabinete do Secretario Xeral para as Comunidades Europeas. En [[1993]] volveu marchar, neste caso á embaixada en [[Rabat]], e ao seu regreso a [[Madrid]] en [[1996]] volveu ao seu posto como director de gabinete na dirección xeral ocupada das relacións coa Unión Europea, pero desta vez xa cunha administración do Partido Popular. En 1998 foi nomeado director xeral de Política Exterior para Europa baixo o ministerio de [[Abel Matutes]].
 
No ano [[2000]] pasou a ser asesor de política internacional do [[Ministerio da Presidencia de España|ministro de Presidencia]] [[Mariano Rajoy]], e logo continuou no seu equipo cando este pasou ao [[ministerio do Interior de España|ministerio do Interior]]. Ao perder o Partido Popular as [[Eleccións Xerais 2004 en España|eleccións xerais de 2004]], Millán Mon pasou a compoñer a lista da súa formación ás e[[Eleccións ao Parlamento Europeo, 2004|lecciónseleccións ao Parlamento Europeo de 2004]], e resultou elixido [[eurodeputado]]. Como [[Parlamento Europeo|parlamentario]] en [[Bruxelas]] centrouse sobre todo en aspectos de política exterior europea, e foi relator dun informe sobre as relacións cos [[Estados Unidos]]. Foi o voceiro do [[Partido Popular Europeo]] no proceso de adhesión de [[Romanía]] á [[Unión Europea]]. resultou reelixido nas [[Eleccións ao Parlamento Europeo, 2009|eleccións de 2009]]. En 2010 pasou a presidir o intergrupo de parlamentarios para os [[Camiño de Santiago|Camiños de Santiago]]. Dende [[2008]] é ademais membro do Comité Executivo Nacional do PP.
 
[[Categoría:Europarlamentarios galegos]]