Contido eliminado Contido engadido
Nova sección: →‎xuntanza-ceanza
Liña 259:
 
hai uns días propuxen unha [[Wikipedia:A_Taberna#xuntanza-ceanza|xuntanza-ceanza]] a celebrar en Pontevedra o 8 de febreiro, co gallo do enterro do Loro Ravachol. Sei que non tod@s estaredes preto nesa data, pero gustaríame animarvos @s que poidades a acercarvos, pasalo ben e coñecérmonos. --[[Saúde]], e pola sombra!! [[User:Estevoaei|Estevoaei]]<sup>[[User_talk:Estevoaei|pa o que queiras...]]</sup> 00:54, 30 xaneiro 2008 (UTC)
 
== Cuestionario onomástica ==
 
Ola, Resorte! Déixoche aquí esta mensaxe porque non tes activada a opción de mandarche un correo electrónico.
 
Sei que hai tempo que non editas na Galipedia, pero quería pedirche un favor:
 
Como quizais xa sabes, estou a cursar o Grao de Lingua e Literatura Galegas na USC. Este ano teño unha materia chamada Onomástica, e vou facer un traballo de investigación sobre os nomes de usuario das persoas que editan na Wikipedia en lingua galega. Consultei bibliografía sobre nicks e alcumes en chats e redes sociais, e de momento non hai moito material escrito. De feito, creo que este traballo será pioneiro na materia en lingua galega. O primeiro paso é elaborar un cuestionario que estou a enviar aos usuarios con máis edicións (activos e inactivos) co obxectivo de entender as motivacións á hora de escoller un nome.
 
Agradecería moito a túa colaboración; podes responder ao formulario [https://docs.google.com/forms/d/1eBoZtH5g4ncnOAwQ-deUGCc9T3ADX1W9a_YRYeDXY8Y/viewform aquí].
 
Un saúdo! --[[Usuario:Estevoaei|Estevo(aei)]]<sup>[[Conversa usuario:Estevoaei|pa o que queiras...]]</sup> 6 de outubro de 2013 ás 12:42 (UTC)