Contido eliminado Contido engadido
Dannycas (conversa | contribucións)
Liña 81:
Ola Dannycas. Hai moito que non falamos, revisando os aniversarios dos colaboradores do wiki vin que o pasado 22 de decembro cumpríronse tres anos desque comezaches a colaborar aquí, xa es un dos máis vellos do lugar :-) Aínda que sexa con mes e medio de retraso quero aproveitar a ocasión para felicitarte e agradecerche as contribucións que tes feito neste wiki. Un cordial saúdo. --[[User:Prevert|Prevert]]<sup>[[User talk:Prevert|gl]]</sup> 20:37, 10 febreiro 2008 (UTC)
* Moitas gracias, nin o sabia eu! --[[Usuario:Dannycas|Dannycas]] 19:52, 18 febreiro 2008 (UTC)
 
== Cuestionario onomástica ==
 
Ola, Dannycas! Déixoche aquí esta mensaxe porque non tes activada a opción de mandarche un correo electrónico.
 
Sei que hai tempo que non editas na Galipedia, pero quería pedirche un favor:
 
Como quizais xa sabes, estou a cursar o Grao de Lingua e Literatura Galegas na USC. Este ano teño unha materia chamada Onomástica, e vou facer un traballo de investigación sobre os nomes de usuario das persoas que editan na Wikipedia en lingua galega. Consultei bibliografía sobre nicks e alcumes en chats e redes sociais, e de momento non hai moito material escrito. De feito, creo que este traballo será pioneiro na materia en lingua galega. O primeiro paso é elaborar un cuestionario que estou a enviar aos usuarios con máis edicións (activos e inactivos) co obxectivo de entender as motivacións á hora de escoller un nome.
 
Agradecería moito a túa colaboración; podes responder ao formulario [https://docs.google.com/forms/d/1eBoZtH5g4ncnOAwQ-deUGCc9T3ADX1W9a_YRYeDXY8Y/viewform aquí].
 
Un saúdo! --[[Usuario:Estevoaei|Estevo(aei)]]<sup>[[Conversa usuario:Estevoaei|pa o que queiras...]]</sup> 6 de outubro de 2013 ás 12:31 (UTC)