Joan Fontaine: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Adaptado de en.wiki
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 6 de outubro de 2013 ás 10:38

Modelo:Actor

Joan de Beauvoir de Havilland, nada en Toquio o 22 de outubro de 1917 é unha actriz de cinema británica, nacionalizada estadounidense.

Traxectoria

Naceu en Toquio de pais británicos, pois o seu pai foi profesor de inglés nesa cidade. Súa nai, actriz de teatro, deixou a interpretación ao marchar a Xapón, pero volvería ao teatro tralo éxito das súas fillas. Debido a súa saúde, a familia instalouse logo en California, pero o pai abandonounos e volveu a Xapón. Aos dezaseis marchou a vivir con el, graduándose na “American School in Japan”.

Debutou no teatro en 1935 e deseguido logrou un contrato coa RKO, actuando en varios filmes. O papel que a convertiu definitivamente nunha estrela foi o de Rebecca, de Alfred Hitchcock. O ano seguinte gañaría o oscar á mellor actriz por Suspicion, do mesmo director, superando á súa irmá, Olivia de Havilland, tamén candidata.

O seu éxito continuou ao longo dos anos corenta, baixando un pouco nas décadas seguintes, nas que tamén se dedicou ao teatro e á televisión. Retirouse definitivamente en 1994.

Filmografía

Ano Filme
1935 No More Ladies
1937 A Million to One
1937 The Man Who Found Himself
1937 You Can't Beat Love
1937 Music for Madame
1937 A Damsel in Distress
1938 Maid's Night Out
1938 Blond Cheat
1938 Sky Giant
1938 The Duke of West Point
1939 Gunga Din
1939 Man of Conquest
1939 The Women
1940 Rebecca
1941 Suspicion
1942 This Above All
1943 The Constant Nymph
1943 Jane Eyre
1944 Frenchman’s Creek
1945 The Affaires of Susan
1946 From This Day Forward
1947 Ivy
1948 Letter from an Unknown Woman
1948 The Emperor Waltz
1948 You Gotta Stay Happy
1948 Kiss the Blood Off My Hands
1950 September Affair
1950 Born to Be Bad
1951 Darling, How Could You!
1952 Something to Live For
1952 Ivanhoe
1953 Decameron Nights
1953 Flight to Tangier
1953 The Bigamist
1954 Casanova's Big Night
1956 Serenade
1956 Beyond a Reasonable Doubt
1957 Island in the Sun
1957 Until They Sail
1958 A Certain Smile
1961 Voyage to the Bottom of the Sea
1962 Tender Is the Night
1968 The Witches

Véxase tamén

Ligazóns externas