Robert Louis Stevenson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 26:
Logo da morte de seu pai en [[1887]], Stevenson séntese libre abondo como para seguir o consello do médico e buscar un completo troco de clima. Coa nai e co resto da familia marchan para [[Colorado, Estados Unidos de América|Colorado]], pero nada máis chegar a [[Nova York]] muda de plans e van pasar o inverno ao [[Lago Saranac]], nas [[Adirondacks]]. Durante ese inverno escribe algúns dos seus mellores traballos, como ''[[Pulvis et Umbra]]'', e comeza ''[[O señor de Ballantrae]]''. Pero a cabeza férvelle por viaxar, e anda a pensar nunha posíbel viaxe polo sur do [[Océano Pacífico]].
 
En xuño de 1888, fleta o [[iate]] ''Equator'' e bota a navegar coa súa familia dende San Francisco. Durante tres anos percorre algunhas illas do Pacífico Sur, facendo reportaxes para xornais estadounidenses que, se ben lle dan algo de diñeiro, non resultan da satisfacción de ninguén. Visita o arquipélago de [[Hawaii]] e coñece o seu rei [[Kalākaua|David Kalākaua]], co que desenvolve unha grande amizade. Tamén amiga coa súa sobriña, a princesa [[Victoria Kaiulani]]. Para nas [[Illas Gilbert]], nas [[Illas Marquesas|Marquesas]] e en [[Tahití]]. Durante este tempo remata ''O señor de Ballantrae'' e escribe ''[[O xenio da botella]]''. E cando xa ía trazando plans de regresar a Europa, e especialmente a [[Escocia]], o [[7 de decembro]] de [[1889]] dexergan [[Upolu]], a illa principal do [[arquipélago]] de [[Samoa]], e horas despois instálanse en [[Apia]] coa intención de pasar unicamente uns días. Nunca máis marcharía de alí.
 
As razóns de por que permaneceu en Samoa non están claras. O clima, húmido e chuvioso, non era dende logo o máis indicado para un [[tuberculose|tuberculoso]], aínda que el opinase o contrario<ref>''"O clima próugome tanto que decidín ficar na illa. Incluso merquei 120 ou 160 hectáreas de terra: non saberei qué extensión ten ata que as medicións rematen"''. R.L. Stevenson, ''Cartas'', volume 6.</ref>. O escritor alemán [[Alex Capus]] formula a hipótese de que Stevenson quedou na illa porque o convenceron de que nunha illa próxima podía estar soterrado o tesouro que inspirou a súa primeira e gran novela<ref>Alex Capus, ''A outra illa'', (Reisen im Licht der Sterne''), Múnic, 2005.</ref>. En xaneiro de [[1890]] Stevenson mércalle unha leira de 126 hectáreas, situada a 5 kms ao sur de Apia a un ferreiro escocés cego. Válelle 4.000 [[Dólar estadounidense|dólar]]es. Non ten máis cartos.