Diferenzas entre revisións de «Río Sardiñeira»

m
A Sardiñeira caracterízase pola alta calidade das súas augas, o que fai abundante a vexetación e fauna que vive nas súas beiras.
 
En canto á flora asociada ao río, predominan os [[carballo]]s, [[castiñeiro]]s, [[salgueiro]]s e [[amieiro]]s; un tanto alonxados, nas partes altas das ladeiras, áchanse tamén [[piñeiro]]s. PertoPreto da ribeira encóntranse tamén, en parte debido ao abandono das terras, e en grande cantidade, arbustos tales como o [[toxo]] o a [[Uz galaico asturiana|uz]].
 
A fauna está representada principalmente pola [[troita]] común (''Salmo trutta'') e a [[boga]] de río (''Chondrostoma polylepis''). Ligada tamén ao medio acuático, e de salientar a presenza de lontras (''Lutra lutra'').
 
RespeitoRespecto ás aves pódense observar [[azor]]es (''Accipiter gentilis''), [[aguioncho]]s (''Circus cyaneus'') e [[aguioncho cincento|aguionchos cincentos]] (''Circus pygargus'').
 
{{ORDENAR:Sardiñeira}}
13.744

edicións