Topoisomerase: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 29:
As topoisomerases clasifícanse en dous tipos dependendo do número de febras que corten nunha soa acción:<ref name="pmid1849888">{{cite journal | author = Wang JC | title = DNA topoisomerases: why so many? | journal = J. Biol. Chem. | volume = 266 | issue = 11 | pages = 6659–62 | year = 1991 | month = April | pmid = 1849888 | doi = | url = http://www.jbc.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=1849888 }}</ref> Ambos os tipos de topoisomerases utilizan unha tirosina conservada na catálise, pero son diferentes estruturalmente e na súa mecánica. Un vídeo deste proceso pode verse en: http://www.youtube.com/watch?v=EYGrElVyHnU&feature=related.
 
* A [[topoisomerase de tipo I]] corta unha febra do ADN de dobre hélice, producíndose unha relaxación, e despois a febra cortada volve a enrolarse e unirse. Ao cortarse unha febra, a parte da molécula que está a un lado do corte pode rotar arredor da febra non cortada, reducindo dese modo o estrés desde un enrolamento excesivo que había na hélice a un enrolamento demasiado escaso. Este estrés prodúcese cando a febra de ADN está "superenrolada" ou cando non está enrolada a partir de ou para dar lugar a ordes máis altos de enrolamento. As topoisomerase de tipo I están subdivididas en dúas subclases: as de tipo IA, que comparten moitas características estruturais e no seu mecanismo de funcionamento coas de tipo II, e as de tipo IB, que utilizan un mecanismo rotatorio controlado. Exemplos de topoisomerases de tipo IA son a topo I e topo III. No pasado, as de tipo IB denominábanse topoisomerases eucarióticas topo I, pero as topoisomerases IB están presentes en todos os dominios da vida, polo que ese nome non era axeitado. Hai que salientar que as topoisomerases de tipo IA forman un intermediario covalente co [[extremo 5']] do ADN, mentres que as topoisomerases IB forman un intermediario covalente co extremo 3' do ADN. Recentemente, identificouse o tipo IC de topoisomerases, chamado topo V, o cal, aínda que é distinta estruturalmente dos tipos IA e IB, comparte un mecanismo similar coas topoisomerases de tipo IB.
 
* A [[topoisomerase de tipo II]] corta ambas as febras da dobre hélice do ADN, fai pasar outro dúplex de ADN a través da zona de corte, e despois volve a unir as febras cortadas. As topoisomerases de tipo II utilizan a [[hidrólise]] do [[adenosina trifosfato|ATP]], cousa que non fan as de tipo I. Tamén están divididas en dúas subclases: as de tipo IIA e as de tipo IIB, que teñen a mesma estrutura e mecanismo de acción. Exemplos de topoisomerases de tipo IIA son a topoisomerase eucariótica topo II, a xirase de ''E. coli'', e a topo IV de ''E. coli''. Exemplo do tipo IIB é a topo VI.