Topoisomerase: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 23:
 
==Problemas topolóxicos==
Hai tres tipos principais de topoloxías do ADN: [[superenrolamento do ADN|superenrolamento]], anoamento e [[catenación]]. Cando o ADN non está realizando procesos esenciais como a replicación do ADN e a transcrición, o ADN debe manterse tan compacto como sexa posible, e estes tres estados contribúen a esa compactación. Porén, cando ten lugar a transcrición ou a replicación, o ADN debe estar libre. Ademais, durante a replicación, o dúplex de ADN acabado de replicar e o dúplex de ADN orixinal quedan entrelazados e deben ser separados completamente para assgurar a integridade xenómica cando se divide a célula. A medida que avanza unha burbulla de replicación, O ADN que está por diante da forquita de transcrición sofre un sobreenrolamento, ou un superenrolamento positivo, mentres que o ADN que queda detrás da burbulla de transcrición sofre un subenrolamento, ou superenrolamento negativo. A medida que ten lugar a replicación, o ADN que está por diante da burbulla de replicación queda superenrolado positivamente, mentres que o ADN que queda por detrás da [[forquita de replicación]] queda enredado formando precatenanos. Un dos problemas topolóxicos esenciais preséntase no mesmo momento de iniciar a replicación, cando o ADN fillo debe ser desenredado antes que empece a [[mitose]]. A topoisomerase IIA xoga un papel esencial en resolver este problema.
 
==Classes==