Diferenzas entre revisións de «Metaloproteína»

 
=== Factores de transcrición ===
[[Ficheiro:Zinc finger rendered.png|miniatura|300px|Representación de fitas dun motivo estrutural de [[dedo de cinc]], consistente nunha [[hélice alfa]] e unha [[lámina beta]] [[antiparalelo (bioquímica)|antiparalela]]. O ión [[cinc]] (verde) está coordinado por dúas [[histidina]]s e dúas [[cisteína]]s.]]
Moitos [[factor de transcrición|factores de transcrición]] conteñen unha estrutura coñecida como [[dedo de zinc]], que se trata dun módulo estrutural onde unha rexión da proteína se prega en torno a un ión cinc. O cinc non toma contacto co [[ADN]] ao que se unen estas proteínas, senón que o [[cofactor]] é esencial para a estabilidade da cadea da proteína pregada moi axustadamente.<ref>{{cita publicación |autor=Berg JM |título=Zinc finger domains: hypotheses and current knowledge |publicación=Annu Rev Biophys Biophys Chem |volume=19 |páxinas=405–21 |ano=1990 |pmid=2114117 |doi=10.1146/annurev.bb.19.060190.002201}}</ref> Nestas proteínas o ión cinc xeralmente está coordinado por pares de cadeas laterais de [[cisteína]] e [[histidina]].
 
190.997

edicións