Virus de ARN: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 50:
*[[Virus de ARN monocatenario de sentido negativo]] (Grupo V), que deben copiar o seu xenoma utilizando unha [[ARN polimerase ARN-dependente]] para formar ARN de sentido positivo. Isto significa que o virus debe levar con el este [[encima]] ARN replicase. A molécula de ARN de sentido positivo actúa despois como ARNm viral, que é traducido a proteínas polos ribosomas do hóspede. As proteínas resultantes pasan a dirixir a síntese de novos virións, como as proteínas da [[cápsida]] e a ARN replicase, que se usa para producir novas moléculas de ARN de sentido negativo.
 
Os [[retrovirus]] (Grupo VI) teñen un xenoma de ARN monocatenario pero non se consideran xeralmente dentro do grupo dos virus de ARN porque utilizan intermediatos de ADN para replicarse. O encima viral [[reversotranscritase]], que se encontra no interior do virus e se libera cando este se decapsida, converte o ARN viral nunha fibra [[complementariedade (bioloxía molecular)|complementaria]] de ADN, que despois se copia para producir a cadea [[complementariedade (bioloxía molecular)|complementaria]] orixinando unha molécula de ADN viral bicatenario. Despois este ADN intégrase nun cromosoma do hóspede utilizando o encima viral [[integrase]]. A expresión dos xenes codificados nese ADN integrado pode dar lugar á formación de novos virións.
 
==Clasificación==