Complementariedade (bioloxía molecular): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 9:
No [[ADN]] a base [[adenina]] (A) é complementaria da [[timina]] (T) e viceversa; a [[guanina]] (G) é complementaria da [[citosina]] (C) e viceversa.
A maioría dos [[ARN]]s son monocatenarios, pero poden ter tramos complementarios que quedan enfrontados e enlazados ao pregarse a molécula, o que lles dá unha estrutura tridimensional; neste caso a complemtariedadecomplementariedade é adenina con [[uracilo]] (o ARN ten uracilo en vez de timina) e guanina con citosina. Igual ocorre nos ARNs bicatenarios de certos [[virus]].
 
Durante a [[transcrición xenética|transcrición]] o ARN cópiase a partir do ADN. Neste caso as correspondencias son timina (do ADN) con adenina (no ARN), adenina (do ADN) con uracilo (do ARN), e guanina con citosina e viceversa. Na [[transcrición inversa]] cópiase ADN a partir dun molde de ARN e as correspondencias son adenina (do ARN) con timina (no ADN), uracilo (do ARN) con adenina (do ADN), e guanina con citosina e viceversa.