Avelaíña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 10:
== Importancia económica da avelaíña ==
=== Pragas de avelaíña ===
As avelaíñas, e especialmente as súas eirugas, son unha praga capital para a agricultura en moitas partes do mundo. A [[eiruga]] da especie ''Lymantria dispar'' causa importantes danos nos bosques do norestenordés dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], onde é unha especie invasiva. Nos climas temperados, a ''carpocapsa'' (''Cydia pomonella'') causa danos devastadores, especialmente nos cultivos frutais. Nos climas tropical e subtropical, a ''Plutella xylostella'' é quizais a peor praga nos cultivos e colleitas de [[Brassicaceae|brasicáceas]] (familia que engloba as coles, [[repolo]]s e outras plantas da mesma clase, tamén chamadas [[Cruciferae|crucíferas]]).
 
Varias das avelaíñas da familia das ''Tineidae'' están comunmente consideradas como pragas porque as súas larvas devoran tecidos como roupa e cobertores de [[Fibra téxtil|fibras]] proteínicas naturais como a [[la]] ou a [[seda]]. Porén, adoitan atacar menos os materiais mesturados que conteñan fibras artificiais.