María Madalena: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 14:
== Identificación ==
 
Non está nada claro que sexa a prostituta dos evanxeos sinópticos que unxe a Xesús ante o escándalo dos fariseos, aínda que o sentir popular así a identificou. Existe tamén unha identificación non probada coa muller adúltera do [[Evanxeo de Xoán]] á que Xesús salva de morrer lapidada polos seus acusadores. Non falta quen defenda a plausibilidade destas teses debido á procedencia: [[Magdala]], un lugar próximo ao lago de Xenesaret ([[Tiberíades]]) que era unha localidade fabril, destino maioritariamente masculino e, xa que logo, posible foco de prostitución. Ser muller de Magdala non debía se boa carta de presentación. De feito, unha das acusacións máis frecuentes a Xesús é a súa proximidade aos pecadores públicos (Mt 9,11). Pero isto non deixa de ser unha mera hipótese.
 
== Apócrifos ==
No evanxeo apócrifo que leva o seu nome aparece discutindo con [[Pedro, papa|Pedro]].
 
No [[Evanxeo de Filipe]], de contido gnóstico e escrito en [[lingua copta]], dise que Xesús amábaaa amaba máis que todos os discípulos e que a miúdo a bicaba na boca, algo que estimulou a fantasía nalgúns autores contemporáneos. Tamén neste evanxeo rivaliza con Pedro.
 
== Consideración ==
As igrexas [[Igrexa Católica Latina|católica]], [[Igrexa Ortodoxa|ortodoxa]], e as orientais [[Igrexa Católica Siríaca|siriaca]], [[Igrexa Católica Copta|copta]], [[Igrexa Católica Armenia|armenia]] e [[ Igrexa Católica Etíope|etíope]] tivérona sempre en gran consideración. A piedade popular e a tradición eclesiástica considérana apóstolo dos apóstolos (''Apostolorum Apostola''), por ser a primeira portadora da noticia central da fe cristiá: a resurrección de Xesús.
 
Na historia da arte aparece como icona da pecadora arrepentida.