Está situada ao oeste da catedral, frente á súa fachada principal. O seu nome debese ás mulleres procedentes da comarca do Pas, en [[Cantabria]], que chegaron durante o [[século XVII]] e que se reunían nese lugar para oferecerofrecer os seus servizos de nodrizas. Despois da guerra dos mouriscos e a súa expulsión, [[Filipe III de España|Filipe III]] concedeulles a estas xentes do norte de España, terras para repoboar a zona das [[Alpujarra]]s e Granada, lugares que naquel entón ficaran bastante desertos. É por isto polo que a maioría dos actuais granadinos procedan de [[Galicia|galegos]], [[Cantabria|cántabros]], [[Comunidade Autónoma Vasca - Euskal Autonomia Erkidegoa|vascos]], [[Navarra|navarros]] e [[Aragón|aragoneses]], a diferenza dos andaluces occidentais, que son descendentes de [[Reino de León|leoneses]], [[Castela - Castilla|casteláns]] e [[A Mancha|manchegos]].