La Marina de Port: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
tradución e adaptación da wikipedia en catalán
 
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
{{Coordenadas|41|21|34.5|N|2|8|27.5|E|type:city_region:ES-CT|display=title}}
[[Ficheiro:Mercat de la Marina Barcelona.JPG|thumb|250px|Mercado da Marina]]
'''La Marina de Port''' é un barrio do distrito de [[Sants-Montjuïc]], situado ao leste de [[Barcelona]], e que forma parte da Marina de Sants. Atópase entre os barrios de [[La Bordeta, Barcelona|La Bordeta]], [[La Marina del Prat Vermell]], [[Montjuïc, Barcelona|Montjuïc]] e limita con [[L'Hospitalet de Llobregat]].
 
Está composto por unha serie de barrios históricos: Port, Can Tunis, Cases Barates, Can Clos, Polvorí, Foment, Sant Cristòfol (a Seat), Estrelles Altes, la Vinya, Plus Ultra, Santiveri e a Colonia Bausili. Esta foi tradicionalmente unha zona agrícola, cun gran número de [[masía]]s, a maioría de antes do [[1900]]. Hoxe en día atopamos nas portas de Can Clos a única masía da cidade de Barcelona, a Masía de Can Mestres.
 
Unha das zonas que compón a Marina é o denominado barrio do Port. A súa orixe vai atado á construción do castelo de Port a finais do [[século X]], xunto coa capela da Nosa Señora de Port. Crese que é unha zona con bastante importancia na [[historia de Barcelona]] posto que se cre que a primitiva fundación romana de Barcelona foi neste lugar, ata que finalmente foi trasladada á outra esquina de [[Montjuïc]], ao Monte Tàber. Houbo un antigo castelo, denominado castelo de Port documentado en [[1020]], pero non se sabe si estaba situado nun cerro próximo en [[Montjuïc, Barcelona|Montjuïc]], onde ao comezo do [[século XX]] aínda había unha torre, ou ao pé da montaña xunto á capela da Nosa Señora de Port.
 
Houbo un primitivo porto de Barcelona, recordo que se conserva no nome do lugar que xa aparece documentado o [[984]], crese que o porto foi activo ata a [[Alta Idade Media]] pero que por culpa dos aluvións de rieras e do [[Río Llobregat|Llobregat]] ao final aconteceu un estanque de marismas. Así o reflicten topónimos como ''Circulo'' (978) e ''Banyols''.