Orde sacerdotal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m ligazóns internas
Liña 6:
==Graos da Orde sacerdotal==
===Diaconado===
O [[Diácono]] está ao servizo da [[Biblia|Palabra]], da ''caritas'' (amor) e da [[liturxia]]. É unha vocación independente para célibes e casados.
===Presbiterado===
O [[Presbítero|Presbiterado]] fai ao sacerdote colaborador especial do [[Bispo]] anunciando a Boa Nova do amor sanador de Deus ( [[Evanxeo]]), administrando os sacramentos e especialmente os sacramentos que só pode ser celebrados por un presbítero: a Eucaristía e a [[Penitencia|penitencia]] ou reconciliación. Na [[Igrexa Católica Latina|Igrexa Católica]] de rito latino, só pode ser presbítero un ceibe ([[celibato|célibe]]). O rito oriental da Igrexa Católica, as [[Igrexa Ortodoxa|igrexas ortodoxas]] e a [[Igrexa anglicana]] admiten presbíteros casados.
 
===Episcopado===
É a plasmación da [[sucesión apostólica]]. Recíbese doutros bispos en canto que sucesores dos [[apóstolo]]s mediante a imposición das mans continuando unha cadea ininterrompida. Nel un presbítero constitúese en principio visible e fundamento dunha Igrexa Local. Nas Igrexas Ortodoxas, por riba dun bispo só está un [[Patriarca]], na Igrexa Católica só está o Bispo de Roma en canto que sucesor de [[Pedro, papa|San Pedro Apóstolo]], que preside o colexio episcopal.
 
Aínda que [[Paulo de Tarso]] só esixía que o bispo fora home "dunha soa muller", a praxe de elixir o pobo bispos de entre os monxes consolidou a norma de que todos sexan ceibes.
 
==A muller e o sacerdocio==
A muller, en virtude do [[bautismo]] é sacerdote pois, ao igual que o varón, participa no [[sacerdocio universal]] dos fieis. Porén, agás na Igrexa Anglicana, onde avanza con polémica a súa incorporación ao sacerdocio singular, nas demais igrexas onde existe este sacramento é marxinada e se lle nega o recoñecemento deste [[sacramento carismático|carisma]]. Arguméntase que, entre os apóstolos escollidos por [[Xesús de Nazaret]], só había varóns e que o sacerdocio non é un poder senón un servizo, polo que non existe discriminación. Tal posición suscita debates [[Teoloxía|teolóxicos]], particularmente na Igrexa Católica, cuxa hierarquíaxerarquía é acusada de perpetuar unha estrutura [[machismo|machista]] e [[patriarcado|patriarcal]] contraria á relación aberta que Xesús tivo coas mulleres segundo os Evanxeos.
 
==Véxase tamén==