Porto de Barcelona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 5:
== Historia ==
[[Ficheiro:Puerto BCN grabado francés XVIII.jpg|miniatura|Gravado do porto de Barcelona. [[Século XVIII]].]]
O porto de Barcelona naceu á vez que a cidade de [[Barcelona]] como un porto natural situado nunha praia que estaba entre unha pequena península que formaba a montaña de [[Montjuïc, Barcelona|Montjuïc]], e a antiga desembocadura do [[río Llobregat]]. Este era o único punto minimamente resgardado que podían utilizar os antigos navegantes en moitos quilómetros de costa.
 
Co paso dos séculos, a cidade e o seu porto foron gañando importancia, ata converterse na capital marítima dos reis de [[Aragón]]. A pesar diso o porto mantívose ao sur da montaña de Montjuïc ata que no ano [[1378]] as autoridades da cidade pediron ao [[Pedro IV de Aragón]] que continuase as obras portuarias que empezou o [[Pedro III de Aragón]], o cal ordenara a edificación das [[Atarazanas Reais de Barcelona]], que aínda hoxe en día seguen en pé formando en [[Museo Marítimo de Barcelona]], e a construción dun porto ao norte da montaña de Montjuïc, debido a que o antigo emprazamento perdera calado pola acumulación de areas.