Gustavo Pernas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 6:
Licenciado en Xeografía e Historia, sección Historia da Arte, pola [[Universidade de Santiago de Compostela]] en [[1981]], onde realiza diversos traballos de investigación no campo do cine e do teatro, estudou posteriormente Arte Dramática en [[Madrid]].
 
Desde [[1985]] dedícase profesionalmente ao teatro, combinando traballos de actor en diferentes compañías co traballo de dirección e escrita dramática. É autor de relatos e guións de televisión e realizador de curtametraxes. Actor e director de dobraxe. Colaborador en distintos programas de radio. Participante en numerosas mesas redondas, relatorios e conferencias. É membro da Comisión Técnica de Teatro da Relatorios de Artes Musicais e Escénicas do [[Consello da Cultura Galega]], onde organiza en [[2000]] as ''Xornadas sobre Escrita Dramática'' e participa na publicación do ''Proxecto para a [[Escola Superior de Arte Dramática de Galicia]]''. Desde [[1997]] imparte aulas en diferentes ámbitos do ensino: Profesor de Guión, Teatro e Linguaxes Audiovisuais na [[Escola de Imaxe e Son da Coruña]], Profesor de Guión no Centro de Formación do Profesorado, Profesor de Dramaturxia no mestrado de Estudios Teatrais e Audiovisuais da [[Universidade da Coruña]] e de Arte Actual e Dramaturxia nesta mesma Universidade, en Pedagoxía Teatral. En [[1989]] funda con Ánxela G. Abalo a compañía de teatro ''Áncora Produccións'' na que dirixe e interpreta os seus propios textos.
 
==Obra literaria==