Estadio Municipal de Balaídos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 19:
 
== Historia ==
O [[topónimo]] do lugar deriva de ''Abeladíos'', facendo referencia a un lugar onde abondan as [[abeleira]]s<ref>[http://toponimiavigo.blogaliza.org/2012/09/06/26/ "Balaídos: existen máis lugares con ese nome? Que significa?"], no blog ''Toponimia de Vigo'', 6 de setembro de 2012.</ref>. ÉO estadio é obra do enxeñeiro [[Jenaro de la Fuente Álvarez|Jenaro de la Fuente]] e foi inaugurado o 30 de decembro de [[1928]] cun partido entre o [[Celta de Vigo]] e o [[Real Unión de Irún]], no que gañou o Celta por 7-0. Entre [[1967]] e [[1971]] o concello levou a cabo unha reforma en profundidade unha por unha a tódalas bancadas, dándolle a configuración actual, salvo a banda de Río (que recibe o seu nome por estar sobre o [[río Lagares]]).
 
Posteriormente foi remodelado con motivo da acollida do Mundial de fútbol de [[1982]], na que se completa a remodelación anterior e reformase entre outras cousas a bancada de Río. Tamén se fixeron obras no campo en [[2004]] con motivo da primeira participación do [[Celta de Vigo|Celta]] na súa historia na [[Liga de Campións da UEFA|Liga de Campións]], e adecuando o estadio á normativa da [[FIFA]]. Naquel momento o estadio tería unha capacidade de 31.800 espectadores.