Cachalote pigmeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 15:
==Descrición==
[[Ficheiro:Pygmy sperm whale size.svg|miniatura|300px]]
O cachalote pigmeo adulto mide uns 2,7-3,5 m e alcanzanalcanza un peso duns 300-400 kg; ó naceren miden aproximadamente 1-1,2 m e pesan 55 kg. A cor é gris aceirado no dorso ou gris azulento, co ventre e cara inferior da cabeza máis pálidos, con tonos abrancazados ou rosados. Os individuos novos teñen unha cabeza máis apuntada cá dos adultos e unha pequena mancha circular clara diante dos ollos. Pode presentar engurras na pel, irregularmente repartidas.
 
A cabeza é proporcionalmente grande e de perfil cuadralgular, dándolle unha aparienciaaparencia de estar inchada. O espiráculo está lixeiramente desprazado cara á esquerda. Tras cada ollo teñen un pregue de cor branco-crema que semella unha fendedura branquial (falsa agalla).
 
A mandíbula inferior é moi pequena. Posúen entre 20 e 32 dentes, pero só na mandíbula inferior.
Liña 24:
 
==Comportamento==
Presenta hábitos pouco chamativos e adoita vivir lonxe da costa. Cando descansa permanece flotando na superficie, con parte da cabeza ó aire, razón pola que en Xapón se lle coñece como ''balea flotante''. Neste estado resulta relativamente fácil achegarse en barco ata eles aínda que eles tenden a non aproximarse ós barcos senón a fuxir. Aínda que normalmente son solitarios pode formar grupos reducidos de 3 a 6 esemplaresexemplares.
 
Non é frecuente pero poden saltar sobre a superficie da auga. FanoFanno verticalmente e caen sobre a cola e logo deixan caer o ventre. As inmersións non van precedidas de ningún movemento especial: simplemente desaparecen da superficie.
 
Se se sinten en perigo expulsan un líquido intestinal de cor vermello escuro, mergullándose de inmediato entre a mancha de cor na auga. Suponse que o obxectivo deste líquido vermello é desorientar e confundi-los depredadores, a semellanza da tinta das [[lura]]s.
Liña 34:
==Distribución==
[[Ficheiro:Kogia breviceps range.png|miniatura|300px|Distribución xeográfica]]
A distribución é insuficientemente coñecida. A información existente procede de citas de varamentos e isto dá unha imaxe errónea da presenza nos distintos mares e os posibles movementos migratorios. En calquera caso, semella preferir as augas cálidas xa que os varamentos adoitan concentrarse en mares temperados, subtropicais ou tropicais.
Parece bastante común nas costas sudorientais de [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], en [[Sudáfrica]], [[Australia]] e [[Nova Zelanda]], ignorándose se se trata de poboacións illadas ou interconectadas.
 
É de presenza ocasional no Atlántico peninsular, a teor dos casos de varamentos rexistrados en [[Asturias]] e na costa norte [[Galicia|galega]]. Segundo información da ''Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños'' ([[CEMMA]]), nas costas galegas prodúcense 2-3 varamentos anuais de exemplares desta especie <ref>"Un cachalote pigmeo varó el fin de semana en la playa sancibrense de A Caosa" (''El Progreso'', 8.03.2011) [http://elprogreso.galiciae.com/nova/79307.html].</ref>. Tamén se deron casos no [[golfo de Cádiz]] e nas [[illas Canarias]] orientais.
 
==Estado de conservación==
Non existen estimacións fiables da poboación actual desta especie. Os avistamentos non son representativos pola dificultade de observación (adoitan permanecer mergullados durante prolongados períodos de tempo); ademais, confúndense co cachalote anano pola súa semellanza.
 
Aínda que nunca foi obxecto de caza a grangrande escala, hai información de capturas ocasionais en Indonesia, Xapón e nas Antillas, nunca significativas. No ano [[2008]] foi clasificado na Lista Vermella da [[IUCN]] (Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais) como especie con datos insuficientes: ''Data Deficient DD''. Descoñécense tamén as ameazas ás que poida estar sometido e evolución natural da poboación.
 
En España está incluído no Catálogo Nacional de Especies Ameazadas.