Colonia, Alemaña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 33:
A historia de Colonia ten coma preámbulo as campañas de [[Xulio César|César]] no ''limes'' setentrional do [[Imperio Romano|imperio]]. Axudado polos [[ubios]], que habitaban na beira oriental do [[Rin]], exterminou aos [[eburóns]] da beira occidental <ref> ''Cómic didáctico sobre as orixes de Colonia'' [http://www.roemerstadt-koeln.de/ccaa1_e.htm]</ref>. Tempo despois, no ano [[-19]] (e non no [[-38]] como se pensaba), [[Agripa]] accedeu a que os ubios se asentasen nesa beira (a esquerda), nun lugar elevado a salvo das crecidas: un poboado por iso nomeado '''Oppidum Ubiorum''' <ref> ''Planta esquemática do Oppidum Ubiorum'' [http://www.roemerstadt-koeln.de/images/karte4.gif]</ref>.
 
===Campamento romano== =
Semella que entre o ano [[-16]] e o [[-12]], un campamento (posiblemente unha lexión) situouse a carón e o lugar foi compartido polos romanos coma base da conquista de [[Xermania Magna|Xermania]]. Cruce ademais de vías na rexión con porto na illa de diante do ''oppidum'', de seguida foi tamén un centro relixioso coa erección en volta do cambio de era do ''Ara Ubiorum'' (Altar de Roma e Augusto ou dos ubios) e que así mesmo vai nomear á vila.