Diferenzas entre revisións de «Colonia, Alemaña»

m
HombreDHojalata moveu a páxina "Historia urbana de Colonia" a "Colonia, Alemaña": fusión de historiais de dous artigos
m (HombreDHojalata moveu a páxina "Historia urbana de Colonia" a "Colonia, Alemaña": fusión de historiais de dous artigos)
{{outroshomónimosFusión|Colonia, Alemaña}}
A '''historia urbana de Colonia''' ten coma preámbulo as campañas de [[Xulio César|César]] no ''limes'' setentrional do [[Imperio Romano|imperio]]. Axudado polos [[ubios]], que habitaban na beira oriental do [[Rin]], exterminou aos [[eburóns]] da beira occidental <ref> ''Cómic didáctico sobre as orixes de Colonia'' [http://www.roemerstadt-koeln.de/ccaa1_e.htm]</ref>. Tempo despois, no ano [[-19]] (e non no [[-38]] como se pensaba), [[Agripa]] accedeu a que os ubios se asentasen nesa beira (a esquerda), nun lugar elevado a salvo das crecidas: un poboado por iso nomeado '''Oppidum Ubiorum''' <ref> ''Planta esquemática do Oppidum Ubiorum'' [http://www.roemerstadt-koeln.de/images/karte4.gif]</ref>.
{{Coordenadas|50|56|N|6|57|W|display=title}}
{{Cidade
|nomelingua1 = Colonia
|lingua1=[[lingua alemá|alemán]]
|escudo = Wappen Koeln.svg
|bandeira = Koeln Flagge.gif
|imaxe = [[File:Kölner Dom nachts.jpg|300px]]
|pé = Vista da catedral.
|situación = [[File:Lage der Stadt Köln in Deutschland.png|250px]]
|país = [[Alemaña]]
|bandeirapaís= {{GERb}}
|división 1 = [[Estados federados de Alemaña|Land]]
|nome división 1 = [[Ficheiro:Flag of North Rhine-Westphalia.svg|20px]] [[Renania do Norte-Westfalia - Nordrhein-Westfalen|Renania do Norte-Westfalia]]
|división 2 =
|nome división 2 =
|división 3 =
|nome división 3 =
|altitude = 37
|superficie = 405,15
|poboación = {{formatnum:1020303}} hab. ([[2010]])
|densidade = 2.457 hab/km²
|xentilicio =
|código postal = 50441–51149
|alcalde = Jürgen Roters (PSD)
|sitio web = {{URL|http://www.stadt-koeln.de|stadt-koeln.de}}
}}
'''Colonia''' (en [[lingua alemá|alemán]] Köln) é a cuarta cidade máis grande de [[Alemaña]] despois de [[Berlín]], [[Hamburgo]] e [[Múnic]], e é a maior cidade no Estado Federal de [[Renania do Norte-Westfalia]]. Posúe 995.420 habitantes ([[2008]]). É unha das máis antigas cidades de Alemaña, sendo fundada polos [[Imperio romano|romanos]] no ano 30 AC. Colonia recibiu o status de "cidade" romana no ano 50 DC.
 
Colonia está bañada polo [[Rhin]]. Na súa coñecida catedral, de estilo [[neogótico]], (''Kölner Dom'') ten a súa sede o Arcebispado de Colonia. A [[Universidade de Colonia]] (''Universität zu Köln'') é unha das máis antigas de [[Europa]] e é internacionalmente recoñecida polo seu departamento de económicas. Tamén é importante para a cidade a [[cervexa]] [[Kölsch]].
 
==Historia==
A historia de Colonia ten coma preámbulo as campañas de [[Xulio César|César]] no ''limes'' setentrional do [[Imperio Romano|imperio]]. Axudado polos [[ubios]], que habitaban na beira oriental do [[Rin]], exterminou aos [[eburóns]] da beira occidental <ref> ''Cómic didáctico sobre as orixes de Colonia'' [http://www.roemerstadt-koeln.de/ccaa1_e.htm]</ref>. Tempo despois, no ano [[-19]] (e non no [[-38]] como se pensaba), [[Agripa]] accedeu a que os ubios se asentasen nesa beira (a esquerda), nun lugar elevado a salvo das crecidas: un poboado por iso nomeado '''Oppidum Ubiorum''' <ref> ''Planta esquemática do Oppidum Ubiorum'' [http://www.roemerstadt-koeln.de/images/karte4.gif]</ref>.
 
==Campamento romano==
==Colonia Claudia Ara Agripinensium==
Acontecemento decisivo, en [[50]] foi elevada a ''colonia'' romana co nome de '''Colonia Claudia Ara Agripinensium''' (polo desexo da emperatriz [[Agripina a menor|Agripina]] que nacera, filla de Xermánico, no Oppidum Ubiorum en [[15]]). Despois, no ano [[83]], foi designada capital da provincia da Xermania Inferior.
[[Ficheiro:Roman Cologne, reconstruction.JPG|miniatura|250px|Colonia (C C A A), reconstrución no século IV.]]
 
De planta regular reticulada (1km2) e amurallada (seica no [[89]]), converteuse nunha importante cidade, a maior ao norte dos [[Alpes]], centro comercial cos territorios xermánicos, que albergaba uns 30.000 habitantes <ref> ''Planta de Colonia Agripina; aliñados fronte ao Rin: Templo do Capitolio no sur, no centro Altar dos Ubios (diante do Foro) e Pretorio a carón polo norte'' [http://www2.rgzm.de/Transformation/Deutschland/EntstehungProvinz/Provinz_Niedergermanien/Koeln003.jpg] </ref>. Posuía Capitolio arredor dun templo [[octóstilo]], construíuse un novo Pretorio e asemade un gran acueduto e o porto da flota romana do Rin (Altenburg, uns quilómetros ao sur), mentres o porto da cidade contaba con ''horrea'' (almacéns) na illa do Rin, que a poucos foi unida a terra firme. O apoxeo da vila mantívose no [[século II]] ata a crise do imperio na terceira centuria da nosa era <ref> ''Reconstrución de Colonia Agripina en 3D; Escola de Deseño de Köln'' [http://www.colonia3d.de/]</ref>.
Bispado xa dende [[313]] o primeiro bispo coñecido, Materno, erixira unha primitiva igrexa coma modesta catedral no límite nordeste da Colonia Agripina, xunto á muralla (seica no lugar dun templo romano, hoxe baixo o coro do ''Domo'' actual). Tamén de orixe na época romana son as igrexas de San Severino, San Xereón e Sta. Úrsula (primitivos ''martyria'' en cemiterios fóra de murallas). A temperá cristianización dos merovinxios (o rei [[Clodoveo I]] en 496) favoreceu o enriquecemento de aquelas (baptisterio na catedral e outros anexos) e a creación de novas institucións relixiosas coma San Kuniberto (tamén fora de murallas ao norte), Santa María no Capitolio (sobre os cimentos do antigo templo romano) e San Xurxo (a carón da porta sur da muralla).
[[Ficheiro:Köln st pantaleon.jpg|miniatura|200px105px|esquerda|S.Pantaleón, <br>fachada (''Westwerk'').]]
Despois da elección de Hildebold coma primeiro arcebispo foi erixida unha verdadeira primeira catedral (s. IX, carolinxia) e novos templos foron construídos (Santos Apóstolos ao oeste da muralla, Santo André na porta norte e Santa Cecilia sobre as termas romanas). O saqueo vikingo do [[882]], tralo que as murallas foron reconstruídas, daba conta da debilidade do Sacro Imperio no final do período carolinxio.
[[Ficheiro:Köln Fortifikatorische Entwicklung.svg|miniatura|200px110px|Evo. das murallas (ata 1108 laranxa).]]
Pero na época otoniana o esforzo construtor recuperouse. O arcebispo Bruno (irmán do emperador [[Odón I]]) restaurou a catedral, erixiu a igrexa de San Pantaleón e iniciou a de San Martiño o Grande. Precisamente a área de S. Martiño, a antiga illa do Rin, fora consolidada na época carolinxia coma zona suburbana, fundamentalmente de comerciantes asociada ao porto (a ''Rheinvorstadt''). Cun tecido moito máis denso de rúas paralelas ao río, arredor de 950/60, tamén durante a éxida de Bruno, a muralla amplíase ata a beira do Rin incorporando así as dúas prazas de mercado que contiña, ''Alter Mark'' e ''Heumarkt'' (o mercado vello e o do feo) <ref> ''Planta esquemática das murallas romanas e as novas de 950 arrodeando a Rheinvorstadt coas dúas prazas de mercado (xunto a S. Martiño a vella, embaixo a longa do feo)'' [http://www.bilderbuch-koeln.de/img/89/e8/20289.978x1304xin.jpeg]</ref>. Na beira oposta, no arrabalde de Deutz (onde Constantino erixira a fortaleza ''Divitia'') outro arcebispo, Heriberto, fundou en 1003 a abadía do seu nome.
 
 
==Esplendor medieval==
En 1288, tralo exilio dos arcebispos a [[Bonn]], Colonia conseguiu a plena autonomía municipal coma [[cidade imperial libre]] de feito (de dereito en 1475). Nos dous séculos precedentes baixo o báculo arcebispal todas as grandes igrexas da cidade foron ampliadas ou reconstruídas compoñendo un dos conxuntos arquitectónicos [[románico|románicos]] máis excepcionais <ref> ''Ver nota 5''</ref>. [[Ficheiro:Cologne St Aposteln 1925 innen.jpg|miniatura|esquerda|100px|Stos. Apóstolos]][[Ficheiro:Köln st gereon kuppel dekagon.jpg|miniatura|180px|S. Xereón, cúpula do decágono.]] Como remate (novamente contra a vontade do arcebispo), entre 1180 e 1220 os diferentes burgos amurallados foron unificados dentro dun único novo cinto de fortificacións que comprendía máis de 400 Ha, o maior de [[Europa]] (9km con 12 portas). Tan extenso que esa configuración distintiva da urbe (media lúa) vaise manter ata o século XIX <ref> ''Vista cenital de Colonia (maqueta?) nas murallas de 1180'' [http://www.bilderbuch-koeln.de/img/1d/bd/10585.978x1304xin.jpeg]</ref>.
[[Ficheiro:Cologne St Aposteln 1925 innen.jpg|miniatura|esquerda|200px|Stos. Apóstolos.]]
[[Ficheiro:Köln st gereon kuppel dekagon.jpg|miniatura|200px|S. Xereón, cúpula do decágono.]]
Como remate (novamente contra a vontade do arcebispo), entre 1180 e 1220 os diferentes burgos amurallados foron unificados dentro dun único novo cinto de fortificacións que comprendía máis de 400 Ha, o maior de [[Europa]] (9km con 12 portas). Tan extenso que esa configuración distintiva da urbe (media lúa) vaise manter ata o século XIX <ref> ''Vista cenital de Colonia (maqueta?) nas murallas de 1180'' [http://www.bilderbuch-koeln.de/img/1d/bd/10585.978x1304xin.jpeg]</ref>.
 
Situada estratexicamente no cruce de rutas entre este e oeste coa ampla vía comercial que o Rin significaba entre o sur e o norte, dende o século X a cidade prosperara da man do tráfico no seu porto. En [[1260]] Colonia uniuse á [[Liga Hanseática]] selando o florecemento futuro.
 
En 1248, aínda o arcebispo puxera a primeira pedra da nova [[Catedral de Colonia|catedral gótica]]. Pero ía ser o patriciado burgués o que tentaría levantar un templo que daría a imaxe da ambición e puxanza da vella cidade, un dos edificios máis impoñentes do medievo. O relativo fracaso da empresa (rematouse no final do XIX) sinala tamén os fracasos políticos e económicos de Colonia durante a [[idade moderna]].
[[Ficheiro:Anton Woensam, Ansicht von Köln.jpg|miniatura|centro|600px795px|Panorámica de Colonia dende o Rin; Anton Woensam (1531): dende S. Severino (esq.) ata S. Kuniberto (der.); no centro S. Martiño e a Catedral en construción.]]
 
==Estancamento==
[[Ficheiro:De Merian Mainz Trier Köln 075.jpg|miniatura|200px250px|Mapa de Colonia, M. Merian 1646 (N á dereita).]]
Só a torre do concello (1414) e a igrexa dos xesuítas foron as únicas construcións monumentais nos cinco séculos seguintes. O coro da catedral fora consagrado en 1322 pero pouco a pouco abandonáronse as obras e no 1560 suspendéronse definitivamente por razóns financeiras. Despois, durante trescentos anos, as grúas sobre a estrutura foron o símbolo visible do estancamento da cidade. A puxanza comercial crecente dos [[Países Baixos]] na foz do Rin e a paralela perda de relevancia da Liga Hanseática, ademais dos conflitos permanentes cos arcebispos desterrados e os protestantes labraron o estancamento económico de Colonia (non contares con corte na época do [[humanismo]] e [[absolutismo]] privou de [[renacemento]] e [[barroco]] destacables á cidade). A [[Guerra dos Trinta Anos]] (1618-48) puxo a puntilla ó declive.
 
 
Dito eixo foi continuado ata a outra beira coa construción, despois de séculos, dunha ponte sobre o Rin (Dombrücke, 1859; substituída en 1911 pola Hohenzollerbrücke). Ponte ferroviaria que, nunha controvertida decisión, situou a estación central preto da catedral. O ferrocarril trouxo un aumento do tráfico de mercancías que reactivou o porto (novo peirao na ribeira sur, sacando partido a unha illa do río que alí había, ''Rheinauhafen'', en 1898). Despois da guerra franco-prusiana de 1871 o forte pulo da industrialización levou ó crecemento da poboación ata os 640.731 habitantes en 1913.
[[Ficheiro:Jakob Scheiner Koeln Vogelschauplan.jpg|miniatura|centro|600px770px|Panorámica de Colonia dende o suroestesudoeste: a cidade histórica (''Altstadt'') e o ensanche (''Neustadt'') nos seus inicios; no medio o anel de bulevares (''Kölner Ringe'') no canto das murallas medievais. No ''glacis'', parques e ferrocarrís; ao fondo a primitiva ponte da Catedral (''Dombrücke''); J. Scheiner, 1880-90.]]
Signo da nova prosperidade, a catedral foi rematada (1842-80) ao tempo que as murallas medievais derrubadas (1881). No seu lugar e o do ''glacis'', un plan de ensanche (J. Stüben, 1883 <ref> ''Planta do plan de ensanche (Neustadt) de Colonia, Josef Stübben'' [http://www.bildindex.de/obj05243648.html#|0]</ref>) cunha disposición radioconcéntrica (''Ring'' ou anel de bulevares en dez seccións con inspiración nos modelos de [[Viena]] e [[París]]) ditada pola configuración semicircular da cidade histórica (que vaise repetir nos desenrolos futuros <ref> ''A estruturaestructura radioconcéntrica da Colonia contemporánea'' [http://www.radweit.de/stadtpl/kwplan.gif]</ref>). E ao igual que os seus modelos, esta ''Neustadt'' foi asento da nova burguesía frorecente <ref> ''Mapa de Colonia en 1891: o anel de bulevares (diferentes seccións do Ring) e novo peirao Rheinauhafen no porto'' [http://www.123rath.de/photohtml/koeln_1891.jpg]</ref>.
 
==Século XX: Reconstrución==
No período de entreguerras (o da [[República de Weimar]]), con [[Konrad Adenauer]] coma alcalde, levouse a cabo o plan para a creación de cintos verdes (''Grüngürtel'') arredor da cidade consolidada do tempo (aproveitando a esixencia do [[Tratado de Versailles]] de desmantelamento dos últimos baluartes defensivos que rodeaban a vila máis aló da Neustadt <ref> ''Páxina sobre os cintos verdes de Colonia'' [http://www.koelner-gruen.de/CMS/Innerer_Gruenguertel.mfpx?ActiveID=1084]</ref><ref>''Mapa moderno do centro de Colonia coas diferentes seccións da historia da cidade ben diferenciadas: a Alstadt, o anel de bulevares (Ring), a Neustadt e o cinto verde (Grüngürtel) interior de 1922; nótese no río o peirao Rheinauhafen de 1898'' [http://www.diercke.de/bilder/omeda/501/100760_010_1.jpg]</ref>). Neste período a vila foi tamén modélica en construción de vivenda social.
[[Ficheiro:EKT-2007-Koeln-Altstadt.jpg|miniatura|200px250px|A ribeira medieval de Colonia na actualidade: San Martiño o Grande en primeiro termo; ao fondo a Catedral e á dereita apunta a torre da ''Rathaus''.]]
Na [[Segunda Guerra Mundial]], a cidade histórica de Colonia foi devastada polos bombardeos. As labouras de reconstrución duraron toda a segunda metade do [[século XX]] sendo as vellas igrexas románicas unha prioridade. A ''tabula rasa'' na que se convertera a ''Alstadt'' foi aproveitada para a introdución de grandes arterias para o automóbil (que xa foran planificadas na época nazi). Sobre todo no eixo leste-oeste destruíron un tanto a beleza da Praza do Feo, aberta agora cunha ponte cara a Deutz <ref> ''O centro actual de Colonia nunha perspectiva de cómic'' [http://www.die-domspitzen.de/images/stadtplan.jpg]</ref>).
 
 
==Notas==
{{Listaref|2}}
 
== Véxase tamén==
=== Outros artigos===
{{Cidades de Alemaña}}
 
[[Categoría:Cidades de Renania do Norte-Westfalia]]
 
{{Link FA|afORDENAR:Colonia}}
[[Categoría:Historia de cidades]]
{{Link FA|ru}}
{{Link FA|sv}}
{{Link FA|vi}}
199.072

edicións