Sistema de escrita: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Lameiro (conversa | contribucións)
*apariencia
Liña 202:
Se cadra, a primeira distinción que se fai ao clasificaren graficamente os sistemas de escrita sexa a ''linealidade''. Os sistemas lineais son aqueles nos que os caracteres están compostos de liñas, como o alfabeto latino e os caracteres chineses. Estes últimos considéranse lineais cando se escriben con bolígrafo ou pluma ou son fundidos en bronce. Analogamente, os xeróglifos exipcios ou os glifos maias foron con frecuencia representados con formas lineais, mais en contextos formais foron esculpidos en [[baixorrelevo]]. Os exemplos máis antigos de escrita son lineais: a escrita sumeria cara ao 3.300 AC era lineal, inda que os seus descendentes [[Escrita cuneiforme|cuneiformes]] non o foron. Pola contra, os sistemas non lineais como o [[Braille]], non están compostos de liñas, calquera que sexa o instrumento usado para escribilo.
 
A escrita cuneiforme foi probabelmente a primeira non lineal. Os seus glifos formábanse pola presión da punta dun xunco na arxila húmida, no canto de trazar co xunco liñas na arxila como se facía inicialmente. O resultado foi unha radical transformación da aparienciaaparencia da escrita.
 
O sistema Braille é unha adaptación non lineal do alfabeto latino que abandonou completamente as formas latinas. As letras están compostas de puntos en relevo sobre o soporte da escrita, que pode ser coiro (o material orixinal usado polo seu inventor [[Louis Braille]]), papel duro, plástico ou metal.
Liña 215:
O alfabeto grego e os seus sucesores estableceron como patrón a dirección de esquerda a dereita en sentido descendente na páxina. Outras escritas, como a árabe e a hebrea, adoptaron a dirección contraria, de dereita a esquerda. Os scripts que incorporan os caracteres chineses foron escritos tradicionalmente en sentido descendente vertical enchendo a páxina de dereita a esquerda, pero hoxe en día se escriben con frecuencia de esquerda a dereita, en sentido descendente na páxina, debido, entre outras razóns, á influencia da [[cultura occidental]] e ás limitacións técnicas de adaptación aos formatos de [[documento electrónico]] máis populares.
 
O [[alfabeto Uighur]] e os seus descendentes son únicos en seren escritos en sentido vertical descendente, de esquerda a dereita da páxina; esta dirección orixinouse a partir da ancestral dirección da escrita semítica ao rotar a páxina 90º no sentido contrario ao das agullas do reloxo para conseguir unha aparienciaaparencia semellante á da escrita vertical chinesa. Algúns scripts usados nas [[Filipinas]] e [[Indonesia]], como o [[Hanunó'o]], tradicionalmente se escriben afastando as liñas do escritor en sentido vertical ascendente, mais se len horizontalmente de esquerda a dereita.
 
==Sistemas de escrita nos ordenadores==