Casa Amatller: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 11 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q506814
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 1:
[[Ficheiro:Spain.Barcelona.Casa.Ametller.y.Batllo.jpg|miniatura|dereita|250px|A Casa Amatller (J.Puig) e a Casa Batlló (A.Gaudí)]]
A '''Casa Amatller''' é o segundo gran monumento [[Modernismo|modernista]] do [[Paseo de Gracia]], en [[Barcelona]], proxectado polo arquitecto [[Josep Puig i Cadafalch]] entre os anos [[1898]] e [[1900]]. A causa da proximidade coa [[Casa Lleó Morera]] e coa [[Casa Batlló]] (de Antoni Gaudí), o lugar onde se localizan estes tres edificios modernistas tense denominado a ''Illa de la Discòrdia'' (illa aquí<ref>''Illa'', en catalán, equivale ao que é unha ''cuadra'' ou ''manzana'' noutros países).</ref>.
 
No ano [[1898]], o industrial chocolateiro Antoni Amatller quixo transformar un edificio vello de [[1875]], que comprara para trasladarse para el. O industrial encarregou as obras a Puig i Cadafalch, que apostou por darlle a aparienciaaparencia dun pazo [[Arte gótica|gótico]] urbano, cunha fachada plana e un patio central cunha escaleira que dá acceso ao andar principal, tendo en conta que o edificio había de ser habitado por diversas famíliasfamilias.
 
Puig i Cadafalch creou a Casa Amatller cunha lectura moi persoal do gótico, mesturando influencias do [[gótico catalán]] co gótico dos palacetes urbanos dos [[Países Baixos]] e [[Flandres]]; finalmente tamén están presentes os típicos detalles de inspiración [[Idade Media|medieval]]. O máis sorprendente do edificio é a fachada escalonada de reminiscencia nórdica, que lembra unha tableta clásica de [[chocolate]].
 
O andar principal é un dos poucos de Barcelona que aínda conserva a riqueza ornamental e a atmosfera dourada e opulenta da aqueladaquela burguesía do ensanche barcelonés.
 
Actualmente acolle as oficinas do [[Institut Amatller d'Art Hispànic]].
Liña 12:
== Información práctica ==
* Enderezo: [[Passeig de Gràcia]], 41 ([[Barcelona]])
* Transporte: Autobuses: 7, 16, 17, 22, 24, 28
:::[[Metro]]: L2, L3, L4 (Passeig de Gràcia)
* Visita: só se pode visitar a planta baixa, onde hai unha oficina de turismo.
* No [[Museo Nacional de Arte de Cataluña]] (MNAC) poden verse diversos elemenotselementos do mobiliario orixinal desta casa.
 
==Notas==
{{listaref|1}}
 
== Véxase tamén ==