Unión del Pueblo Español: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 2 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q3397692
m Pequeno erro
Liña 16:
| nota1 = Integración en [[Alianza Popular]].
}}
'''Unión del Pueblo Español''' (''Unión do Pobo Español'' (UDPE) en galego) é unha asociación política creada no tardofranquismo e que, convertida en [[partido político]], formaría xunto con outras forzas [[Alianza Popular]] en setembro de [[1976]]. As asociacións políticas foron resultado do desenvlvementodesenvolvemento da [[Lei Orgánica do Estado]] de [[1966]] e pretendían impulsar un limitado pluralismo dentro do [[Franquismo|réxime franquista]], se ben non tiveron máis capacidade cá de organizar as forzas políticas do franquismo ante o proceso da [[Transición española|Transición]].
 
Lideraron a "Unión del Pueblo Español", o entón [[Ministerio de Educación de España|ministro de Educación e Ciencia]], [[Cruz Martínez Esteruelas]] e o vicesecretario xeral do [[Movemento Nacional]], [[Adolfo Suárez]]. A "Unión del Pueblo Español" quería agrupar a todos aqueles políticos máis oficialistas do franquismo, ligados ó aparato burocrático do Movemento. A pesar de que [[Cruz Martínez Esteruelas]] ingresara en Alianza Popular, foi Adolfo Suárez, cando se puxo á fronte da [[Unión de Centro Democrático]], quen aproveitou esta estrutura nas [[Eleccións Xerais 1977 en España|eleccións de 1977]].