Tarxeta gráfica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 41:
As primeiras tarxetas que ampliaron a funcionalidade adoitaban ser tarxetas de 80 columnas, que engadían un modo de texto de 80x24 ou 80x25 caracteres (como as dos ''Apple II'' e ''Spectravideo SVI-328''). Pese a non ser aínda tarxetas gráficas propiamente ditas, estas, xunto coas tarxetas que engadían un modulador de TV foron as primeiras en recibir o término '''"tarxeta gráfica"'''. A primeira tarxeta gráfica, que foi lanzada cos primeiros IBM PC, foi desenrolada por IBM en 1981. A MDA (Monochrome Graphics Adapter) traballaba no modo de texto e era capaz de representar 25 liñas de 80 caracteres na pantalla. Contaba cunha memoria de vídeo de 4KB, polo que só podía traballar con unha páxina de memoria. Usábase con monitores monocromo, de tonalidade normalmente verde.
 
A aparición dos ''[[IBM]] PC'', co seu deseño aberto herdado dos ''Apple II'', marca o inicio do uso dunha tarxeta de ampliación especializada en mostrar gráficos. Os seus competidores ''Amiga 2000'' e ''Apple Macintosh'' reservaron en cambio esa posibilidade a ampliacións destinadas a usos profesionais, integrando case sempre a [[Unidade de procesamento gráfico|GPU]] básica (que batía en potencia ás tarxetas gráficas dos PCs do momento) nas súas placas base. Esta situación se perpetúa ata a aparición do '''Bus [[PCI (informática)|PCI]]''', que sitúa as tarxetas do PC a nivel dos buses internos dos seus competidores, o eliminar as dificultades de transmisión do '''Bus [[ISA]]'''.
 
Aínda que os principais activos dunha tarxeta gráfica son a(s) GPU(s) que integran a cantidade, calidade e rapidez da súa VRAM (o que determina as resolucións que soporta, o número de cores que é capaz de mostrar simultaneamente e as operacións de aceleración 3D, que é capaz de realizar por segundos), deben terse en conta tamén o tipo de bus de conexión utilizado, a capacidade de mostrar imaxes por varios monitores, o tipo de contador utilizado e o seu número e a posibilidade de conectalo a pantalla de TV. Aínda o camiño actual (2006) acabará coa desaparición da conexión por modulador de TV ou de vídeo composto, e a máis longo prazo de toda a conexión analóxica, aínda queda un parque de vellos equipos que presentan incluso unha duración superior aos actuais monitores, polo que a posibilidade de conexión directa ou mediante un adaptador de baixo custe seguirá sendo un punto a considerar.