Polo celeste: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 28 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q12119
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 26:
Para Arato a [[Hercules (constelación)|constelación de Hércules]], ([[Heracles]], para os gregos, [[Melkart]] para os fenicios), non recibía o nome de Hércules, senón tan só a do "Axeonllado", figura humana axeonllada que tiña a punta do pé dereito enriba da cabeza da serpe ou dragón<ref>Arato, "Fenómenos", 65.</ref>. Arato non o menciona como Hércules a pesar de ser coñecidos os seus traballos, polo que cabe a hipótese de que soubese que a figura representaba a Atlas.
 
A historia aparece recollida na obra de [[Eurípides]] do ano [[-415|416 a.C.]], "Herácles". O nome da constelación fai referencia ao seu undécimo traballo, cando colleu as mazás do [[xardín das Hespérides]] (as mazás douradas son as estrelas que se votaron a faltar para marcar o polo), matando a serpe ou dragón. A pista que nos di de que esta a falar do cambio de estrela polar é o episodio co xigante [[Atlas (mitoloxía)|Atlas]] ou [[Atlante]], o que sostén o mundo, cando Hércules sostén por un intre o mundo, devolvéndollo despois a Atlas (Atlas considerase o primeiro astrónomo grego na interpretación tradicional do mito <ref>Pierre Grimal, "Diccionario de la mitología griega y romana", páx. 61.Paidós, primeira edición de peto, 2008 </ref>). Nótese de que esta figura axeonllada segue a ser a representación escultórica de Atlas, co mundo enriba das súas costas. Outra pista tamén e que as Hesperides son as deusas do [[ocaso|solpor]], e Hesperis é a personificación da noite, as froitas da arbore da noite son as estrelas (a árbore tamén era unha personificación da deusa [[Nut]]).
 
Esta parte do mito tamén esta vencellada á cultura fenicia, pois Melkart era o deus da navegación, función esta vencellada directamente ao coñecemento de que estrela é a "[[estrela polar]]".