Eva mitocondrial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 4:
 
==Orixe==
[[Allan Willson]], xenetista da [[Universidade de Berkeley]], e o seu equipo viña desenvolvendo investigacións sobre a orixe do humano moderno e o estudo do ADN mitocondrial. En 1985 deron a coñecer os seus primeiros resultados, nese momento modestos, e en 1987 publicaron en ''Nature'' que o ADN mitocondrial confirmaba a teoría antropolóxica de que a orixe do ''[[Homo sapiens]]'' foi África e era relativamente recente, xa que amosaba pouca variación xenética. A idea que toda a poboación actual descenda dunha única muller, non quere dicir que fora a única femia do seu tempo, pero si foi a única que produciu unha liña directa de descendentes pola liña feminina que persiste hoxe. O nome de Eva púxose facendo un paralelismo coa Eva bíblica (aínda que non lle puxo oese nome o seu descubridor), pero o concepto non ten nada que ver coa Eva do libro do [[Xénese]], senón coa orixe dos humanos actuais por [[evolución]] natural a partir doutros humanos máis antigos.
 
== Notas ==