Tereixa Navaza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 10:
A partir de [[1980]] xa só traballa en exclusiva para a [[televisión]]. En [[1984]], cando o centro territorial de TVE en Galicia está dirixido por [[Alexandre Cribeiro]], Navaza acada especial resonancia por ser a encargada de retransmitir a chegada dos restos de [[Castelao]] a [[Galicia]], que se desenvolveu con gran polémica polas manifestacións de protesta e as cargas policiais. Durante a retransmisión, Navaza leu pasaxes do ''[[Sempre en Galiza]]'' e mesmo un artigo de [[Uxío Novoneyra]]. Como consecuencia daquela retransmisión, o propio Cribeiro foi destituído como director do centro territorial.
 
A visibilización de Navaza como faciana do [[nacionalismo galego]] foi a máis naqueles anos. Durante unha manifestación contra a [[reconversión naval]] de [[Ferrol]], Navaza leu o manifesto de peche e deixa de presentar o telexornal ao día seguinte ([[1989]]). Chegou a ser representante do [[BNG]] no Consello de Administración da [[CRTVG|Compañía da Radio e Televisión de Galicia]] en [[1994]], posto que conserva ata [[2002]]. Xubilouse anticipadamente en [[2007]] en [[TVE]] no marco duns plans de restruturaciónreestruturación do cadro de empregados.
 
Tamén colaborou con medios escritos, como ''[[La Voz de Galicia]]'', ''[[A Nosa Terra (1977)|A Nosa Terra]]'', ''[[Xornal de Galicia]]'' e ''[[El Correo Gallego]]''.