Ramiro II de León: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 20 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q225113
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 16:
| date of birth= 898
| date of death= Xaneiro de 951
| place of death= [[ León, España | León]]
| place of burial= San Isidoro de León
}}
 
'''Ramiro II ''o Grande''''', nado cara ao [[898]] e finado en [[León, España|León]] en xaneiro de [[951]], foi o quinto rei de Galicia que gobernou desde a nova capital, [[ León, España |León]], ([[931]] - [[951]]), un dos máis notábeis monarcas, alcumado '''''O Diabo''''' polos seus inimigos en [[Al-Andalus|Spania]] a causa da súa ferocidade e enerxía.
 
== Mocidade ==
Liña 71:
Abderramán III ''escapou semivivo'' deixando en poder dos cristiáns un precioso exemplar do Corán, vindo de Oriente, coas súas valiosas gardas e a súa marabillosa encadernación, e até a súa inestimábel cota de malla, tecida con fíos de ouro, que o sobresalto do suceso non lle deixou tempo a vestir. Do campamento mahometano ''trouxeron os cristiáns moitas riquezas coas que medraron Galiza, Castela e Álava, así como Pamplona e o seu rei García Sánchez''.
 
Esta vitoria permitiu avanzar a fronteira leonesa do [[río Douro]] ao [[río Tormes|Tormes]], repoboando lugares como [[Ledesma, EspañaSalamanca|Ledesma]], [[Salamanca]], [[Peñaranda de Bracamonte]] [[Sepúlveda]] e [[Vitigudino]].
 
== Ocaso ==
Sobreveñen uns anos de relativa tranquilidade, unicamente salpicados polas continuas [[razzia]]s que salpican habitualmente calquera dos reinos, quizais para recordar aos seus gobernantes que estes son tempos guerreiros e non é conveniente que os seus soldados baixen nunca a garda.
 
En [[950]] o monarca de Galicia partiu desde [[Zamora, EspañaSalamanca|Zamora]] cara á súa última aventura en terras de [[Al-Andalus|Spania]], realizando unha expedición de saqueo polo val do [[río Texo]], derrotando unha vez máis ás tropas califais en [[Talavera de la Reina]], causando innumerábel destrución e obtendo un rico botín e algúns miles de prisioneiros.
 
O rei, fisicamente decaído, é substituído polo fillo, o futuro [[Ordoño III]], quen practicamente se fai cargo dos asuntos do reino. Ao regreso dunha viaxe a [[Oviedo]] vese afectado dunha grave enfermidade, da que non conseguirá recuperarse.
 
O último acto público da súa vida foi a súa abdicación voluntaria na capital [[ León, España |León]], a tarde do día [[5 de xaneiro]] de [[951]], cando o rei debía de contar uns 53 anos. Créndose próximo á morte fíxose levar á igrexa de [[San Salvador de Palat de Rei|San Salvador]], contigua ao pazo, e na presenza de todos tirou as súas vestiduras e verteu sobre a súa cabeza a cinza ritual, unindo no mesmo acto a renuncia solemne ao trono e a práctica da penitencia pública ''in extremis'', coa mesma fórmula que no seu día pronunciara [[San Isidoro de Sevilla]].
 
Faleceu ese mesmo mes, reinando xa o seu fillo [[Ordoño III de León|Ordoño III]].