Eva mitocondrial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Migraciones humanas en haplogrupos mitocondriales.PNG|miniaturadaimagem|300px|Migracións dos primeiros humanos baseándose no estudo do ADN mitocondrial]]
[[Ficheiro:MtDNA-MRCA-generations-Evolution.svg|miniatura|dereita|A Eva mitocondrial en negro.]]
'''Eva mitocondrial''' é a suposta [[muller]] da que, segundo estudos desenvolvidos dende comezo da década de 1980 por un grupo de xenetistas, descenden todos os humanos actuais. Dito doutro modo, é o antepasado común máis recente matrilineal. Eva era membro dun grupo de humanos que viviron hai 200.000 anos en [[África]], polo que na época da Eva mitocondrial viviron moitas outras mulleres, pero non deixaron unha lilña ininterrompida de descendentes ata a época actual como si deixou a Eva mitocondrial.<ref>[http://www.leeds.ac.uk/news/article/245/new_molecular_clock_aids_dating_of_human_migration_history New ‘molecular clock’ aids dating of human migration history, Universidade de Leeds, 3 de xuño de 2009 ]</ref> O coñecemento da Eva mitocondrial débese á información que nos dá o estudo do [[ADN mitocondrial]]. As [[mitocondria]]s son unhas estruturas celulares que teñen como función producir enerxía, e que conteñen unha pequena cantidade de [[xene]]s, o que se coñece como o [[ADN mitocondrial]], que se caracteriza por sufrir mutacións moi rapidamente, actuando como un [[reloxio molecular]] e só se transmite pola liñaxe feminina.