Conversa:Virus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
Teño o proxecto de ampliar esta páxina ao longo das próximas semanas xa que é un dos 1000 artigos considerados imprescindibles nunha enciclopedia con material procedente principalmente do artigo homónimo da wikipedia inglesa, onde é considerado un artigo de calidade marcado con estrela, e que tamén foi traducido nas wikis catalana e castelá. Despois haberá que redistribuír algunhas cousas. Polo momento, borro a frase incorrecta que dicía: "Algúns indicios parecen demostrar que existen virus, chamados viroides, que infectan outros virus." (en realidade, os [[viroide]]s infectan plantas, e os [[virusoide]]s e [[virus satélite]]s infectan ás células conxuntamente "con" outros virus dos cales dependen, pero non infectan "a" outros virus. Os chamados virófagos son virus satélites que impiden a replicación do virus xunto co cal infectan ás células, funcionando a modo de parasitos, pero non son viroides de ARN senón virus de ADN.).--[[Usuario:Miguelferig|Miguelferig]] ([[Conversa usuario:Miguelferig|conversa]]) 5 de maio de 2013 ás 17:00 (UTC)
:Dou por rematada a miña contribución á ampliación desta páxina. Os 3 parágrafos que había na páxina inicialmente foron integrados na introdución, a cal foi ampliada. O material basicamente utilizado foi o da páxina inglesa. Fixéronse algúns cambios, elimináronse algúns parágrafos (por exemplo en etimoloxía, que se refería demasiado á lingua inglesa), engadiuse algunha información adicional no apartado creado novo de axentes subvirais (cuxa mención específica creo que era necesaria) e no de orixe dos virus e algunhas referencias. Agora a páxina é máis longa ca a orixinal. Tamén se atoparon dous erros no orixinal inglés dos que xa informei na Talk page e xa os corrixiron (en poucas horas, que rápidos!). Hai unha ligazón a un artigo principal que aínda non existe (oncovirus), pero que sería conveniente que existise e supoño que co tempo haberá. Os demais artigos principais xa están feitos.--[[Usuario:Miguelferig|Miguelferig]] ([[Conversa usuario:Miguelferig|conversa]]) 24 de maio de 2013 ás 17:52 (UTC)
 
==Dormente==
Haberá que comprobar o de durminte ou durmente ou dormente. Eu tiña durmente e corrixírono a durminte, pero no dicionario da RAG o que aparece é dormente [http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=dormente] (por exemplo, a bela dormente do bosque), a pesar de que usan durmir e outras derivadas coa raíz durm.--[[Usuario:Miguelferig|Miguelferig]] ([[Conversa usuario:Miguelferig|conversa]]) 24 de setembro de 2013 ás 18:53 (UTC)
Volver á páxina "Virus".