Sixto de Borbón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Nados en Pau mediante HotCat
mSen resumo de edición
Liña 8:
Foi o segundo fillo do Duque [[Francisco Xavier de Borbón-Parma e Bragança]] (máis tarde príncipe rexente e despois pretendente tamén ó trono español e Duque de Parma) e de [[Madgdalena de Borbón-Busset]].
 
Xa dende pequeno mostrou as súas intencións de acceder ó trono e posicionouse favorable ás causas [[Carlismo|Carlistas]]. Cursou os seus estudos en colexios [[Benedictinos]]Beneditinos e nos [[Maristas]], así como dereito, linguas modernas e clásicas e finanzas. En [[1965]] alistouse na [[Lexión Española]] baixo o alcume de Enrique de Aranjuez e o [[2 de maio]] dese mesmo ano fixo a xura de bandeira o que o excluía de compromisos políticos (contrariamente do que ocorre hoxe en día, xa que a xura de bandeira amosa tamén fidelidade cara á [[Constitución española de 1978]].
 
Os seguidores de Sixto de Borbón acusaron ó seu irmán maior, [[Carlos Hugo de Borbón-Parma]], de ter abandonado os ideais que a súa familia sempre apoiara e consideraban que Sixto era o líder do [[Carlismo|Comuñón Tradicionalista]]. Namentres que o seu irmán Carlos Hugo abandonara as pretensións carlistas cara ao trono e reconciliárase co Estado Español, Sixto Henrique autonomeouse rexente cando o seu pai, o Duque [[Xavier de Borbón-Parma]], morreu en [[1977]].