Arredor de si: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig ints
Liña 54:
 
==Crítica e recepción==
Tradicionalmente, ''Arredor de si'' foi interpretada como a aventura espiritual que levou á conversión ao galeguismo da [[Xeración Nós]], da cal forma parte Otero Pedrayo. Pois, Adrián, do mesmo xeito que os homes de Nós, acabará descubrindo que a súa identidade está no seu propio país e non fóra del. Neste sentido, é moi significativa a petición por parte do seu tío de que lle leve ao leito de morte oá mapa''[[Carta Xeométrica de Galicia]]'' de [[Domingo Fontán]], o que cobra moita importancia, posto que se representa visualmente o concepto de nación, faise unha exaltación do propio e hai un sentimento de pertenza a un mesmo colectivo.
 
Este é un proceso dificultoso e complexo por estarmos inseridos nunha cultura non normalizada, negada desde as esferas sociais. O propio Vicente Risco no seu ensaio ''Nós, os inadaptados'' alude á novela de Pedrayo como un exemplo representativo desta evolución. A novela de Otero é considerada como unha novela de autoformación, no sentido en que implica un proceso de autocoñecemento e unha resolución dos conflitos interiores da personaxe principal.